Murmur é o álbum de estrea da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 12 de abril de 1983 a través do selo I.R.S. Records. O disco foi aclamado pola crítica tras o seu lanzamento polo seu son pouco común, definido polas letras crípticas do vocalista Michael Stipe, o duro e discordante estilo de guitarra de Peter Buck, e as liñas melódicas do baixista Mike Mills.

En 2003 o álbum foi situado no número 197 da lista da revista Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos. Mantivo ese posto na lista de 2012 e subiu ata o número 165 na revisión de 2020.

Gravación R.E.M. comezou a gravar o seu álbum de estrea en decembro de 1982. I.R.S. emparellou á banda co produtor Stephen Hague, que tiña un perfil máis alto que o anterior produtor de R.E.M. Mitch Easter.Buckley, p. 71 A énfase de Hague na perfección técnica non encaixou co grupo; o produtor fixo ao grupo interpretar múltiples tomas da canción "Catapult", o que desmoralizou ao batería Bill Berry. Ademais, Hague colleu o tema completo e levouno ao estudio Synchro Sound de Boston onde lle engadiu partes de teclado sen o permiso do grupo.Black, p. 72 Insatisfeitos, os membros de R.E.M. pedíronlle ao selo poder gravar con Easter.Buckley, p. 72 I.R.S. accedeu a unha sesión de proba, permitindo á banda viaxar a Carolina do Norte e gravar a canción "Pilgrimage" con Easter e o seu compañeiro Don Dixon. Tras escoitar o resultado I.R.S. permitiu ao grupo traballar con Dixon e Easter.Buckley, p. 78

O 6 de xaneiro de 1983 R.E.M. entrou nos Reflection Studios en Charlotte, Carolina do Norte, para comezar as sesións de gravación con Easter e Dixon. Gran parte do material da banda para o disco probárase en anteriores xiras. Debido á mala experiencia con Hague, o grupo gravou o traballo a través dun proceso de negación, rexeitando incorporar clichés do rock como solos de guitarra ou os populares sintetizadores da época, para darlle á súa música unha sensación intemporal. Berry especificamente resitíuse a suxestións musicais "raras", insistindo en que as súas baterías fosen gravadas cunha cabina para batería, unha técnica xa anticuada nese momento.Buckley, p. 79 Dixon e Easter adoptaron un enfoque práctico na meirande parte do proceso de gravación. A parella só arranxou unha pista de voz e pedíronlle ao vocalista Michael Stipe regravar se era moi deficiente.Buckley, p. 89 A gravación rematou o día 23 de febreiro de 1983.

Listaxe de cancións

Canción extra da edición deluxe de 2008 (Live at Larry's Hideaway in Toronto, July 9, 1983) "Laughing" – 3:51 "Pilgrimage" – 4:08 "There She Goes Again" (Reed) – 2:43 "Seven Chinese Brothers" – 4:15 "Talk About the Passion" – 3:02 "Sitting Still" – 4:11 "Harborcoat" – 3:45 "Catapult" – 3:51 "Gardening at Night" – 3:33 "9-9" – 3:16 "Just a Touch" – 2:27 "West of the Fields" (Berry, Buck, Mills, Stipe, and Bogan) – 3:06 "Radio Free Europe" – 4:57 "We Walk" – 2:55 "1,000,000" – 3:05 "Carnival of Sorts (Box Cars)" – 3:58

Notas

Bibliografía

Categoría:Álbums de R.E.M. Categoría:Álbums musicais de 1983 Categoría:Álbums producidos por Don Dixon Categoría:Álbums producidos por Mitch Easter Categoría:Álbums de I.R.S. Records