Nós foi un periódico en lingua castelá que se publicou en Montevideo, Uruguai. Saíron en total catro números, entre o 1 de xuño de 1964 e o 1 de maio de 1965.

Historia e características Co subtítulo Órgano Oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos, estivo dirixido por Carlos A. Zubillaga Barrera e administrado por María del Rosario Losada.

Centrou a súa actividade en avogar polo recoñecemento do feito diferencial galego.

Non contiña ilustracións.

Colaboradores Ana María Siri, Carlos A. Zubillaga Barrera, J. M. Zubillaga, José Diz Bértoa, Juan Carlos Mira, Julia Siri García, María Teresa Bernengo e Juana de Ibarbourou.Repertorio da prensa da emigración galega Consello da Cultura Galega.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Publicacións impresas da diáspora galega Ligazóns externas

Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Montevideo Categoría:Xornais do Uruguai