Folha de S. Paulo, Folha de São Paulo, ou simplemente Folha,O propio xornal grafa "Folha de S.Paulo", contrariamente é gramática; comunmente é citado como "Folha de S. Paulo", "Folha de São Paulo" ou simplemente como a "Folha". é un xornal brasileiro editado na cidade de São Paulo. É o diario de maior circulación no Brasil, segundo o Instituto Verificador de Circulação (IVC). O seu slogan é O Jornal do Futuro. Um Jornal a Serviço do Brasil.

Historia O 19 de febreiro de 1921 un grupo de xornalistas liderado por Olival Costa e Pedro Cunha fundaron en São Paulo a Folha da Noite, en oposición ao principal xornal da cidade, O Estado de S. Paulo, que representaba ás elites rurais e asumía unha posición conservadora, tradicional e ríxida.

A empresa tivo éxito, o que permitiu aos socios comprar unha sede propia, unha rotativa e, en xullo de 1925, crear un segundo periódico, este matutino: a Folla da Mahã. En 1949 fundouse un terceiro diario, a Folha da Tarde. En 1950 todas as Folhas pasaron a imprimirse nun edificio sitiuado na Alameda Barão de Campinas.Sousa Pinto, Ana Estela de (2012): Folha. São Paulo (SP): Publifolha. ISBN 978-85-7914-371-7. Finalmente, en 1960, os tres periódicos fusionáronse en Folha de S.Paulo. esquerda|miniatura|250x250px|Montaxe das páxinas da Folha, nunha fotografía de 1974. O edificio da Alameda Barão de Campinas quedou pequeno, polo que foi ampliado ao final dos anos 1960 coa construción dun segundo edificio na alameda Barão de Limeira, no barrio dos Campos Elísios. Hoxe, este edificio é a entrada principal da empresa.

Co fin da ditadura militar do Brasil (1964–1985), e coa recuperación da liberdade de prensa, os periódicos convertéronse nun importante canal para a manifestación da opinión pública. En 1986, a Folha converteuse no xornal de maior circulación en todo o país, liderado que mantén desde entón. En 1995, un ano despois de superar a marca de 1 millón de exemplares os domingos, a Folha inaugurou seu novo parque gráfico.

A Folha de S. Paulo na actualidade Actualmente, a Folha é o centro dunha serie de actividades na esfera da industria das comunicacións, abranguendo xornais, un banco de datos, un instituto de investigacións de opinión e de mercado, unha axencia de novas, un servizo de información e entretemento en tempo real, e unha empresa de transporte. Ao lado de O Globo, Estado de Minas, Zero Hora, Correio Braziliense e O Estado de S. Paulo, entre outros, forma o grupo dos principais xornais de referencia do Brasil.

Versión dixital A versión dixital da Folha de São Paulo foi o primeiro xornal en tempo real en portugués. Ao igual ca versión impresa ofrece noticias, artigos e temáticas sobre diversos asuntos, como política, deportes e economía.

En xullo de 2011 o xornal comezou a publicar en Internet a Folha Internacional, con noticias traducidas ao castelán e ao inglés.

Correspondentes no exterior No segundo semestre de 2017, a Folha contaba con correspondentes, entre fixos e bolseiros, nas seguintes cidades: Washington, D.C. (Estados Unidos) Nova York (Estados Unidos) Buenos Aires (Arxentina) Madrid (España)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial Versión en español do xornal Conta oficial do xornal en Twitter

Categoría:Grupo Folha Categoría:Xornais en lingua portuguesa Categoría:Xornais do Brasil