Fiare Banca Ética é un banco cooperativo de finanzas éticas. Traxectoria Naceu da unión de dous proxectos de finanzas éticas, da Banca Popolare Etica de Italia e de Fiare do Estado Español.
Segundo o informe Finanzas Éticas e Sustentábeis en Europa presentado no Parlamento Europeo en 2019 non precisou ningunha axuda na crise económica de 2008-2013.
No Estado español En 2016 os maiores investimentos no Estado español foran dous proxectos de covivenda para séniors en Madrid e Cuenca. No ano 2019 asinou un acordo de colaboración comercial e financeiro coa Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).
En 2019 tiña oficinas en Bilbao e Madrid e unha delegación en Barcelona e na Galiza, grupos de iniciativa territorial e os proxectos que recibiran máis financiamento foran os de inserción social e laboral.
Notas
Ligazóns externas Páxina web Artigo en eldiario.es.
Categoría:Bancos e caixas de aforro