Natasha Lee Suárez, tamén coñecida como Tasha Lee, nada en Malaisia o 13 de xullo de 1988, é unha xogadora de hóckey a patíns española. É a xogadora co mellor palmarés do hóckey a patíns mundial, tendo gañado todos os títulos posibles, tanto a nivel de clubs como de seleccións. Dende 2018 é xogadora do Hostelcur Gijón da OK Liga Feminina.
Traxectoria Natasha Lee naceu en Malaisia, filla de nai asturiana e pai malaio. Aos seis anos trasladouse a Xixón (España), onde iniciouse na práctica do hóckey a patíns no Colexio del Llano, en Asturias. En 2009 asinou polo Club Patí Voltregà.
Palmarés Gijón Hockey Club 1 OK Liga: 2008-09 2 Copas de Europa: 2007 e 2009 1 Copa da Raíña: 2019
Club Patí Voltregà 5 OK Ligas: 2011, 2012, 2013, 2014 e 2016 3 Copas da Raíña: 2011, 2014 e 2017 4 Copas de Europa: 2011, 2013, 2016 e 2017
Selección española 4 Campionatos de Europa: 2009, 2011, 2013 e 2015 3 Campionatos do Mundo: 2008, 2016 e 2017
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Natasha Lee no sitio web de World Skate Europe
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de España