Włodzimierz Roman Juszczak, nado en Legnica (RP de Polonia) o 19 de xullo de 1957, é un relixioso grecocatólico ucraíno de Polonia, dende 1999 bispo de Wrocław-Gdańsk. Traxectoria Naceu na cidade de Legnica na entón República Popular de Polonia, o 19 de xullo de 1957. O 18 de xuño de 1978 profesou como membro da Orde de San Basilio Magno, facendo os seus votos solemnes o 1 de maio de 1983. O 28 de maio do mesmo ano foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Wrocław, Henryk Gulbinowicz.
O 24 de abril de 1999 foi nomeado bispo de Wrocław-Gdańsk. Recibiu a consagración episcopal o 19 de xuño do mesmo ano, de mans do arcebispo de Przemyśl-Varsovia Jan Martyniak, e tivo como co-consagrantes principais ao exarca arquiepiscopal de Kíiv-Vyshhorod Vasylii Ihor Medvit e ao exarca apostólico de Francia Michael Hrynchyshyn.
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Legnica Categoría:Relixiosos católicos de Polonia Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Bispos católicos de Polonia Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Bispos da Igrexa católica bizantina ucraína