O Gran Premio do Reino Unido de 1998 (oficialmente o LI RAC British Grand Prix) foi unha carreira de motor de Fórmula 1 celebrada o 12 de xullo de 1998 no Circuíto de Silverstone, Silverstone, Northamptonshire, Inglaterra. Foi a novena rolda da tempada de Fórmula Un de . A carreira de 60 voltas gañouna Michael Schumacher pilotando un Ferrari tras comezar desde a segunda posición. Mika Häkkinen, que comezou desde a pole position, terminou segundo con Eddie Irvine terceiro no outro Ferrari. A vitoria de Schumacher foi a cuarta da tempada, e a súa terceira vitoria consecutiva logo de gañar no Canadá e no Gran Premio de Francia, pero foi baixo circunstancias controvertidas, evitou un stop-and-go ao ingresar no pit lane para facelo na última volta, cruzando a liña de chegada no pit lane para gañar a carreira antes de chegar ao seu box, aínda que a penalozacoón foi posteriormente rescindida.

Informe

Clasificación

Mika Häkkinen logoru a pole por case medio segundo sobre o seu rival Michael Schumacher. Jacques Villeneuve tomou a terceira posición, mentres que o compañeiro de equipo de Häkkinen, David Coulthard, clasificouse na cuarta posición. A Ralf Schumacher e Olivier Panis elimináronlles os tempos porque non puideron saír dos seus coches o suficientemente rápido durante un simulacro de seguridade da FIA, para practicar a evacuación da cabina en caso de incendio. Ralf Schumacher trompeou e calou o motor no inicio da clasificación e cualificou no coche de reposto, que estaba preparado para o seu compañeiro de equipo, Damon Hill.

Carreira A choiva caeu durante a mañá antes da carreira. Aínda que a choiva parou antes do inicio, houbo unha mestura de zonas húmidas e secas no circuíto e, como resultado, todos menos dous coches comezaron con pneumáticos de composto intermedios. Os dous Stewart-Fords decidiron comezar con pneumáticos de seco.Autosport.com: British Grand Prix Review A primeira retirada chegou logo de 13 voltas, cando Damon Hill perdeu o control na pista húmida mentres loitaba con Villeneuve polo sétimo lugar. Tras 16 voltas, comezou a chover novamente, e moitos pilotos montaron o pneumático de chuvia. Johnny Herbert trompeou e regresou á pista, pero danou o seu coche e retirouse ao chegar aos boxes.

miniatura| left | David Coulthard retirándose da carreira

David Coulthard, con intermedios, trompeou na volta 38 mentres pasaba a un dobrado. Jarno Trulli trompeou na mesma volta que Coulthard cando Barrichello trompeou e bateu contra o muro no Club na volta 40. O seu compañeiro de equipo de McLaren Mercedes Mika Häkkinen construíu unha vantaxe de 49 segundos sobre o segundo piloto, Michael Schumacher cando catro voltas despois saíuse do circuíto, fixo un trompo completo de 360º antes de continuar. O incidente danou o alerón dianteiro do seu coche e custoulle 10 segundos de ventaxe pero logo de varias voltas de empeoramento das condicións climatolóxicas, saíu o coche de seguridade que desacelerou os coches e eliminou por completo a vantaxe de Häkkinen sobre Schumacher.BBC News:Schumacher wins British GP

A carreira reiniciouse na volta 50 e só pasaron dúas voltas antes de que Häkkinen cometese outro erro, o que puxo a Schumacher á cabeza. O alemán rapidamente distanciose do seu rival, que agora estaba cuidaba o seu McLaren.

miniatura| Michael Schumacher e David Coulthard lado a lado No entanto, dúas voltas antes do final, Schumacher recibiu unha penalización de stop & go por pasar Giancarlo Fisichella co coche de seguridade na pista na volta 43. Tiña que entrar aos pits dentro de tres voltas para cumprir a súa penalización, o que fixo entrando no pit lane na última volta da carreira, pero ao facelo cruzou a liña de meta, que se estende ao longo do pit lane, antes de chegar ao seu boxs e gañou a carreira sen cumprir a penalización. O seu equipo argumentou que a penalización debería emitirse no prazo de 25 minutos logo do incidente, pero que foron informados logo de 31 minutos. Tamén argumentaron que a notificación manuscrita non estaba clara en canto a que penalización se emitiu realmente: un stop-and-go ou unha suma de 10 segundos ao tempo de carreira de Schumacher. Os comisarios entón decidiron aplicar a adición de 10 segundos despois da carreira. Con todo, a penalización de tempo adicional só se pode empregar para castigar unha infracción nas últimas 12 voltas dun Gran Premio, polo que non se aplicou aquí. Os comisarios eventualmente cancelaron a penalización por completo."Scandal at Silverstone" Presentouse unha protesta por parte de McLaren e Mercedes, que se sentían enganados por Ferrari por non ter Schumacher que cumprir a penalización, pero esta foi rexeitado pola FIA. Como resultado, os tres comisarios entregaron as súas licenzas nunha reunión extraordinaria do Consello Mundial da FIA."...but the stewards get the axe"

Clasificación

Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Volta Diferenza 1 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:23.271 — 2 3 Michael Schumacher Ferrari 1:23.720 +0.449 3 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 1:24.102 +0.831 4 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 1:24.310 +1.039 5 4 Eddie Irvine Ferrari 1:24.436 +1.165 6 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 1:24.442 +1.171 7 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 1:24.542 +1.271 8 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 1:25.081 +1.810 9 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 1:25.084 +1.813 10 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 1:25.654 +2.383 11 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 1:25.760 +2.489 12 16 Pedro Diniz Arrows 1:26.376 +3.105 13 17 Mika Salo Arrows 1:26.487 +3.216 14 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 1:26.808 +3.537 15 19 Jos Verstappen Stewart-Ford 1:26.948 +3.677 16 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 1:26.990 +3.719 17 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 1:27.061 +3.790 18 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 1:28.051 +4.780 19 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 1:28.123 +4.852 20 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 1:28.608 +5.337 21 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda Sen tempoOs tempos de clasificación de Ralf Schumacher e Olivier Panis foron eliminados porque fallaron nun simulacro de seguridade da FIA. — 22 11 Olivier Panis Prost-Peugeot Sen tempo —

Carreira

Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 3 Michael Schumacher Ferrari 60 1:47:02.450 2 10 2 8 Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 60 +22.465 1 6 3 4 Eddie Irvine Ferrari 60 +29.199 5 4 4 6 Alexander Wurz Benetton-Playlife 59 +1 volta 11 3 5 5 Giancarlo Fisichella Benetton-Playlife 59 +1 volta 10 2 6 10 Ralf Schumacher Jordan-Mugen-Honda 59 +1 volta 21 1 7 1 Jacques Villeneuve Williams-Mecachrome 59 +1 volta 3 8 22 Shinji Nakano Minardi-Ford 58 +2 voltas 19 9 21 Toranosuke Takagi Tyrrell-Ford 56 +4 voltas 17 Ret 14 Jean Alesi Sauber-Petronas 53 Eléctrico 8 Ret 16 Pedro Diniz Arrows 45 Trompo 12 Ret 11 Olivier Panis Prost-Peugeot 40 Trompo 22 Ret 18 Rubens Barrichello Stewart-Ford 39 Accidente 16 Ret 19 Jos Verstappen Stewart-Ford 38 Motor 15 Ret 7 David Coulthard McLaren-Mercedes 37 Trompo 4 Ret 12 Jarno Trulli Prost-Peugeot 37 Trompo 14 Ret 20 Ricardo Rosset Tyrrell-Ford 29 Trompo 20 Ret 23 Esteban Tuero Minardi-Ford 29 Trompo 18 Ret 15 Johnny Herbert Sauber-Petronas 27 Trompo 9 Ret 17 Mika Salo Arrows 27 Trompo 13 Ret 2 Heinz-Harald Frentzen Williams-Mecachrome 15 Trompo 6 Ret 9 Damon Hill Jordan-Mugen-Honda 13 Trompo 7

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 1 Mika Häkkinen 56 2 Michael Schumacher 54 3 David Coulthard 30 4 Eddie Irvine 29 5 Alexander Wurz 17

Clasificación do campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 1 McLaren-Mercedes 86 2 Ferrari 83 3 Benetton-Playlife 32 4 Williams-Mecachrome 19 5 Stewart-Ford 5

Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos na clasificación.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1998 Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1