Mercedes Ramudo Ramudo, nada en Vilalba en 1889 e finada na mesma vila o 8 de xuño de 1987,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 9-6-1987, p. 57. foi unha industrial e política galega.

Traxectoria

Dona dunha ferretería. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleira de Vilalba en 1929.El Regional, 13-4-1929, p. 2. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi membro da comisión xestora municipal e o 15 de novembro de 1939 tomou posesión como alcaldesa de Vilalba. Permaneceu no cargo até o 4 de marzo de 1941.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Os da Ferretería Ramudo

Categoría:Alcaldes de Vilalba Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1889 Categoría:Finados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes