O 30 de outubro é o 303º día do ano do calendario gregoriano (304º nos anos bisestos). Quedan 62 días para finalizar o ano.
Acontecementos 130: fundación de Antinópolis polo emperador romano Hadrián, na memoria do seu amante falecido Antínoo. 1340: os reis de Castela e Portugal únense na batalla do Salado contra os mouros benimeríns, aos que derrotan. 1793: Revolución francesa: un decreto da Convención montañesa prohibe todas as sociedades populares de mulleres. 1794: Revolución francesa: a Convención Nacional crea a Escola normal superior. 1817: Creación dun goberno independentista en Venezuela por Simón Bolívar. 1920: Publícase en Ourense o primeiro número da revista Nós, dirixida por Vicente Risco e con Castelao como director artístico. 1938: Orson Welles adapta a novela A guerra dos mundos de H.G. Wells á radio e aterroriza os Estados Unidos. 1910: Fúndase en Barcelona a Confederación Nacional do Traballo. 1940: O mariscal Philippe Pétain anuncia a colaboración de Francia coa Alemaña nazi. 1974: en Kinshasa (capital da República Democrática do Congo) librase o mítico combate de boxeo entre Muhammad Ali e George Foreman. 1993: accidente ferroviario preto dos Peares. Tres adolescentes mortos ao seren atropelados no interior dun túnel"Tres niños excursionistas muertos al arrollarles un tren en el interior de un túnel lucense", ABC, 31 de outubro de 1993, p. 79 ..
Nacementos miniatura|100px|Ezra Pound 39 AdC - Xulia a Maior, filla de Augusto (f. 14) 1218 - Chukyo, 85º emperador do Xapón. 1735 - John Adams, primeiro vicepresidente e segundo presidente dos Estados Unidos (m. 1826). 1821 - Fiódor Dostoievski, escritor ruso (m. 1881) 1839 - Alfred Sisley, pintor francés (m.1899) 1871 - Paul Valéry, filósofo, escritor e poeta simbolista francés (m. 1945). 1882 - Günther von Kluge, xeneral alemán, teórico e incentivador da Guerra Lóstrego (m. 1944). 1885 - Ezra Pound, poeta estadounidense (m. 1972).
1885 - Amparo López Jeán, activista galeguista, presidenta da Agrupación Republicana Femenina da Coruña (m. 1942).
1894 - Jean Rostand, biólogo, filósofo e historiador francés (m. 1977).
1895 - Gerhard Johannes Paul Domagk, microbiólogo alemán (m. 1964). 1895 - Dickinson W. Richards, médico e fisioloxista estadounidense, Premio Nobel (m.1973) 1900 - Ragnar Granit, neurocientista finlandés, Premio Nobel (m. 1991). 1910 - Ricardo Carballo Calero, filólogo e escritor galego (m. 1990). 1928 - Daniel Nathans, microbioloxista estadounidense, Premio Nobel (m.1999). 1937 - Claude Lelouch, guionista, produtor e realizador de cine francés. 1939 - Leland Harrison Hartwell, científico estadounidense, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina 1960 - Diego Armando Maradona, exfutbolista arxentino (m. 2020).
Mortes miniatura|100px|Uxío Novoneyra 1809 - William Cavendish-Bentinck, primeiro ministro do Reino Unido (n. 1738) 1910 - Henri Dunant, fundador da Cruz Vermella e premio Nobel da Paz en 1901. 1918 - Xosé Pérez Ballesteros, folclorista e escritor en galego (n. 1833). 1936 - Darío Álvarez Limeses, médico e político galego (n. 1877). 1936 - Alejo Diz Jurado, médico e político galego (n. 1886). 1956 - Pío Baroja, novelista español (n. 1872). 1975 - Gustav Ludwig Hertz, físico alemán, Premio Nobel (n.1887). 1975 - Roberto Ouro Vázquez, avogado e político galego (n. 1900).
1997 - Samuel Fuller, director de cine estadounidense. 1999 - Uxío Novoneyra, poeta e escritor galego.
2002 - Juan Antonio Bardem, cineasta español. 2004 - Fernando Chueca Goitia, arquitecto e historiador da arte español. 2009 - Claude Lévi-Strauss, antropólogo francés (n. 1908).
Festas e celebracións Día Mundial do Cooperativismo.
Outros Mitoloxía celta: Día de Morrigan, patroa das sacerdotisas e das bruxas. Santoral: San Marciano.
Notas
Os 366 días do ano
Categoría:Outubro