Acontecementos Os húngaros saquean a rexión de Nimes, no Languedoc. Parte dos expedicionarios faleceron por efecto dunha epidemia de disentería, segundo testemuñou o cronista Flodoardo de Reims. Os musulmáns incendian Pamplona, capital do reino navarro.
Nacementos Edred, rei de Inglaterra (m. 955). Seniorina, abadesa de Basta, diocese de Braga, santa (m. 982).
Mortes 7 de abril - Berengario I de Italia, marqués de Friúl, rei de Italia e Emperador do Sacro imperio romano-xermánico (n. 845). Ordoño II de León. Eduardo o Vello, rei de Mercia e dos anglosaxóns. Aelfweard - membro da familia real do reino anglosaxón de Wessex, que tería reinado uns días no ano da súa morte (n. 901). Historia ano a ano
Categoría:924