O pampallín é unha festa tradicional galega, celebrada historicamente no concello de Outes. Actualmente mantense pouco da tradición orixinal, e converteuse nun encontro xuvenil patrocinado polo consistorio. É unha festa do ciclo da primavera relacionada co lume.

Orixe O nome vén dos fachos de palla que antigamente empregaban os labregos para ver na noite. Non se sabe moi ben cando se comeza a celebrar, algúns cren que pode ser unha herdanza dalgunha festividade pagá, mais a tradición mantívose até hai poucos anos. Co comezo da primavera os labregos máis novos recorrían á noite as agras dos lugares, cada un co seu pampallín recitando ditos populares para "invocar" a fertilidade e celebrar a chegada da nova estación.

Segundo anciáns que viviron os últimos anos desta tradición en Outes, podíase ver na distancia os fachos das outras parroquias bailando e camiñando arredor das agras.

Cultura tradicional Existe moi pouca documentación sobre a festa. Da tradición oral recolleuse o seguinte dito popular:

Notas

Categoría:Outes

Categoría:Festas de Galicia