A Asociación Cívico Cultural Terra de Outes é unha plataforma cívica e cultural residente no concello de Outes. Historia
Xurdiu coma desexo de continuar coa actividade da Plataforma Nunca Máis de Outes, que nos anos anteriores á creación da Asociación tivera unha grande incidencia no concello. A intención expresada por un dos seus fundadores, actualmente presidente, Xoán Mariño era "a de manter unha estrutura estable de cidadáns dispostos a reaccionar diante de calquera alarma medioambiental ou na demanda de dereitos e liberdades sociais e, mentres non se producise tal circunstancia, actuar na dinamización da vida cultural de Outes ou a protección do patrimonio histórico e etnográfico".
Publica unha revista de periodicidade trimestral, con entrevistas a persoeiros do municipio, artigos de opinión e investigacións culturais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas www.terradeoutes.com
Terra de Outes Categoría:Outes Categoría:Cultura de Galicia sen imaxes