miniatura|A Red Bridge. Campbell Town é unha pequena vila de Tasmania, Australia. Está situada na Midland Highway, parte da autoestrada nacional que conecta as dúas cidades máis grandes de Tasmania (Hobart e Launceston). Dista 34 km de Hobart.
No censo de 2006, tiña unha poboación de 772 habitantes.Campbell Town. 2006 Census QuickStats . Consultada o 10 de outubro de 2018.
Fundada en 1821, un dos seus atractivos é a Red Bridge (Ponte vermella), construída por convictos, que é a ponte máis antiga da estrada nacional. Foi chamado polo gobernador Macquarie polo nome da súa esposa, Elizabeth Campbell, así como tamén o río que cruza a vila, o río Elizabeth.
A construción da ponte iniciouse en 1836 e foi completada en 1838. Consta de tres arcos de 7,6 m cada un. Constaba de piares de pedra e un taboleiro de madeira. Aínda que o taboleiro foi substituído, os contrafusos son orixinais, polo que é un exemplo raro das primeiras obras de pedra de Australia.
Notas
Categoría:Cidades de Australia