Robert Easton, nado como Robert Easton Burke o 23 de novembro de 1930 e finado o 16 de decembro de 2011, foi un actor estadounidense de radio, cinema e televisión cuxa carreira abrangue máis de 60 anos. A súa mestría nos dialectos do inglés valeulle o epíteto de "O home das mil voces". Durante décadas foi adestrador de voz de referencia en Hollywood para a mellora dos acentos e a pronunciación dos diálogos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Actores dos Estados Unidos de América