Simone G. Saibene, nado en Busto Arsizio, Lombardía, o 29 de outubro de 1977, é un director de cine galego de orixe italiana.
Traxectoria
Estudou Ciencias da Comunicación na Universidade Libre de Lingua e Comunicación de Milán (Libera Università di Lingue e Comunicazione, IULM). Licenciouse con matrícula de honra en 2003 coa tese Para unha xeografía do cine. A rexionalización do cine español: o caso de Galicia.
Entre 2006 e 2010 traballou como programador, animador cultural e redactor de publicacións na Fundación Cultural San Fedele de Milán. Dende 2010 vive en Ourense, onde fundou a produtora e distribuidora Noveolas Producciones.
Asistiu a cursos de teatro, música e fotografía. Docente e coordinador de ciclos de cine, xornalista publicista e crítico audiovisual, colabora e colaborou con medios e institucións como a revista de cine Duellanti, o Instituto Cervantes de Milán, o Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña, a ESAP do Porto e a Universidade de Vigo. Formou parte do xurado na XV edición do Festival Internacional de cine de Ourense, na VIII Mostra Internacional de Escolas de Cinema de Porto e no 17º Avanca Film Festival.
En 2006 gañou o Premio Artivisive San Fedele (Milán) coa curtametraxe experimental Il furto della zucca, gravada entre Suíza e Italia.
En 2013 estreou a súa primeira longametraxe, titulada 9 ondas, que foi nomeada ao Premio Mestre Mateo ao mellor filme na 12ª edición dos premios. En 2016 dirixiu o filme Pelerinaxes, con Carmen Méndez, Alfonso Míguez, Isabel Risco e Ruth Sabucedo, baseado no libro Pelerinaxes I de Ramón Otero Pedrayo.
Obra
Contrappunto: Gabriele Carpani, contrabbassista (documental, 2003) Patmos (Apocalypsi) (documental, 2004) Il furto della zucca (curtametraxe, 2006) Retorno a San Andrés (curtametraxe, 2007) 9 ondas (longametraxe, 2013) Coma ventos fuxidos (curtamentraxe, 2014; proxecto Nimbos) Kuti Khanti (curtametraxe, 2014) Pelerinaxes (2016)
Véxase tamén Ligazóns externas Simone Saibene , na web de CREA, Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.
Categoría:Nados na Lombardía Categoría:Nados en 1977 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes