Chicharrón é o álbum de estrea da banda galega de indie rock Chicharrón, publicado o 20 de xuño de 2014 a través do colectivo artístico Prenom. O disco foi gravado e mesturado no estudio A Ponte de Villestro por Tomás Ageitos. O disco foi masterizado polo batería de Triángulo de Amor Bizarro Roberto Mallo.

A banda formárase poucos meses antes, a comezos de 2014, e neste traballo participan os seus membros orixinais: Alberto M. Vecino (voz e guitarra), Diego Gende (guitarra e baixo) e Rubén Domínguez (teclado, piano e coros). Tamén colaboraron Alex Marban e David Iglesias, ademais de Tomás Ageitos que tocou a batería.

Listaxe de cancións

Notas

Categoría:Álbums de Chicharrón Categoría:Álbums musicais de 2014