O ácido pinolénico é un ácido graxo contido nas sementes ou piñóns de varias especies de piñeiros, como o Pinus sibirica, Pinus koraiensis e outras. A porcentaxe máis alta de ácido pinolénico atopouse nos piñóns do piñeiro siberiano P. sibirica e no aceite producido a partir deles.

Química e bioquímica O ácido pinolénico denomínase abreviadamente todo-cis-5,9,12-18:3. Algunhas fontes usan para el tamén o nome ácido columbínico. Pero ácido columbínico utilízase outras vecese para o seu isómero E-Z (trans,cis,cis delta-5,9,12/18:3) na literatura biolóxica.

O ácido pinolénico é un isómero do ácido gamma-linolénico. O ácido gmma-linolénico é un ácido graxo esencial ω-6, pero o ácido pinolénico non. Porén, igual que os ácidos graxos esenciais, forma metabolitos bioloxicamente activos en presenza dos encimas ciclooxixenase ou lipoxixenase. Estes metabolitos poden aliviar parcialmente algúns dos síntomas da deficiencia de ácidos graxos esenciais.

Fisioloxía Algunhas investigacións sinalaron o seu uso potencial para a perda de peso ao diminuír o apetito. O ácido pinolénico causa a produción de dous supresores do apetito, que son a colecistoquinina e o péptido similar ao glicagón 1 (GLP-1). Pode ter ademais propiedades para baixar as LDL ao aumentar a captación hepética de LDL. Ás veces utilízase como pesticida. miniatura|250px|Os piñóns son unha rica fonte de ácido pinolénico

Notas

Categoría:Ácidos graxos