O ácido docosatetraenoico é un ácido graxo poliinsturado de cadea recta de 22 carbonos e 4 enlaces dobres (22:4).
Un isómero deste ácido ten especial interese, o ácido todo-cis-7,10,13,16-docosatetraenoico, coñecido co nome común de ácido adrénico, que é un ácido graxo omega-6. Este ácido poliinsaturado aparece na natureza e fórmase a partir da elongación en dous carbonos máis da cadea do ácido araquidónico. É un dos ácidos graxos máis abondosos no cerebro humano en formación. Este ácido é tamén metabolizado polas células orixinando produtos activos, como as dihomoprostaglandinas, ácidos dihomo-epoxieicosatrienoicos, ou EETs.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Docosanoide
Bibliografía Ferretti, A., Flanagan, V.P. Mass spectrometric evidence for the conversion of exogenous adrenate to dihomo-prostaglandins by seminal vesicle cyclo-oxygenase. A comparative study of two animal species. J Chromatogr 383 241-250 (1986). Sprecher, H., VanRollins, M., Sun, F., et al. Dihomo-prostaglandins and -thromboxane. A prostaglandin family from adrenic acid that may be preferentially synthesized in the kidney. J Biol Chem 257 3912-3918 (1982).
Categoría:Ácidos graxos