O Estadio Fernando Torres é un estadio de fútbol da cidade de Fuenlabrada, na Comunidade de Madrid. Leva o nome de Fernando Torres, natural da cidade, e nel xoga os seus partidos o Club de Fútbol Fuenlabrada.
Historia Este estadio foi inaugurado o 1 de setembro de 2011, cun partido entre o CF Fuenlabrada e o Club Atlético de Madrid con motivo do Trofeo Villa de Fuenlabrada, cos pais do xogador internacional Fernando Torres como convidados de honra. Anteriormente realizou unha visita oficial o propio xogador internacional, onde fixo un saque de honra xunto ao alcalde Manuel Robles, o día que se lle fixo entrega da 1ª Medalla de Ouro da Cidade de Fuenlabrada, pola súa traxectoria deportiva profesional.
Instalacións O estadio ten unha capacidade para máis de 3.000 espectadores, cuns 2.000 asentos na bancada lateral fixa, e outros 1.000 noutra bancada lateral supletoria. Nos fondos colocáronse grandes lonas, transmitindo a sensación dun recinto pechado.
O estadio de fútbol englóbase dentro dunha cidade deportiva máis ampla, dotada de tres pistas cubertas de fútbol sala, piscinas cubertas e de verán, pistas de pádel e de tenis, e salas de fitness.
Comunicacións Situado xunto á M-407, goza de boas conexións con municipios próximos como Moraleja de Enmedio, Griñón, Serranillos del Valle ou Carranque. Ademais, a proximidade da M-506 favorece o tránsito cara a e desde o centro de Madrid grazas ás súas múltiples conexións.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Club de Fútbol Fuenlabrada
Fernando Torres Categoría:Fuenlabrada