O ácido 11-eicosenoico, tamén chamado ácido gondoico, é un ácido graxo monoinsaturado omega-9, que se encontra en diversos aceites vexetais e de noces; especialmente no aceite de jojoba e tamén en graxas animais. É un dos ácidos eicosenoicos.

É un composto que é sólido a baixas temperaturas e funde a 23-24 °C. É insoluble en auga e soluble en etanol e metanol.« LipidBank - Fatty acid (DFA0124) ». [Consulta: 13 de outubro de 2018].

Foi illado por primeira vez en 1934 polos científicos xaponeses Y. Toyama e T. Ishikawa do aceite dos delfínidos caldeiróns.Toyama, Y.; Ishikawa, T. «A new eicosenoic acid in pilot whale oil». J. Soc. Chem. Ind. Japan, 37, 1934, pàg. 1181-1182.Borgstrom, Georg. Fish As Food V1: Production, Biochemistry,and Microbiology. Elsevier, 2012-12-02. ISBN 9780323142809. Tamén se atopa en aceites de sementes de Cardiospermum halicacabum, mostaza e outras brasicáceas; é especialmente abundante no aceite de Carmelina sativa; tamén se atopa no aceite de peixes do xénero Brevoortia, o bacallau atlántico e no fígado do Squalus acanthias e nas feces de Delphinapterus leucas (beluga o balea branca).

Notas

Categoría:Ácidos graxos