O ácido ruménico, tamén coñecido como ácido bovínico, é un ácido linoleico conxugado que se encontra na graxa dos ruminantes e en produtos lácteos. É unha graxa trans omega-7. O seu nome abreviado é ácido cis-9, trans-11 18:2. O nome de ácido ruménico foi proposto por Kramer et al. en 1998. Fórmase xunto co ácido vaccénico por biohidroxenación de ácidos graxos poliinsaturados da dieta, que ocorre no rume dos ruminantes. Pode considerarse como unha forma dietaria principal, xa que supón do 85 ao 90% do total do contido de ácido linoleico conxugado dos produtos lácteos.

Notas

Categoría:Ácidos graxos