Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Mattingly Para outros artigos de persoas chamadas igual, véxase a páxina de homónimos Harold Mattingly (homónimos)

Harold Mattingly, nado o 24 de decembro de 1884 en Sudbury, no condado inglés de Suffolk, e finado o 26 de xaneiro de 1964 en Chesham, Buckinghamshire, foi un historiador da arte e numismático británico, especializado na Antiga Roma, especialmente na circulación monetaria romana e etrusca.Carson, R. A. G. "Harold Mattingly 1884-1964". En The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society. Serie 7ª. Vol. 5 (1965). Páxinas 239-254.Obituario: "Dr Harold Mattingly, Distinguished Numismatist". En The Times, 1 de febreiro de 1964. Páxina 10.Giard, Jean-Baptiste. "In memoriam : Harold Mattingly". En Revue Numismatique. 1964. 6. Páxinas 217-218.O seu fillo, Harold B. (Braithwaite) Mattingly (1923-2015) foi tamén un recoñecido numismático, presidente da Royal Numismatic Society entre 1999 e 2004.Mattingly, David. "Harold Mattingly obituary". En The Guardian, 28 de setembro de 2015.

Traxectoria

Logo da súa formación superior no Gonville and Caius College, da Universidade de Cambridge, aos seus 26 anos, en 1910, incorporouse ao Departamento de Libros Impresos do Museo Británico.

Entre 1909 e 1914 empezoua a amosar o seu interese pola historia da Antiga Roma e publicou os seus dous primeiros libros sobre o asunto.

Durante a primeira guerra mundial, traballou nos servizos de censura postal e, á fin da guerra, retomou a súa actividade no Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, centrando a súa dedicación no estudo de moedas antigas."Mattigly, Harold ". En Sorensen, Lee (ed.). Dictionary of Art Historians.

De feito, xa desde 1912, Harold Mattingly entrara a formar parte da Royal Numismatic Society, entidade que lle chegou a entregar en 1941 coa súa presixiosa medalla en recoñecemento á súa completa revisión da cronoloxía utilizada ata a época para o estudo do denario, cuxa aparición datou en 187 a. de C., e non en 269 a. de C., como se consideraba habitualmente, con base na tradición escrita de Plinio o Vello.The numismatic chronicle and journal of the Royal Numismatic Society. Serie IV. Vol XII. Londres, 1912. Páxina 20: "Mr. Harold Mattingly was elected a Fellow of the Society". Ver texto en liña"The Society's Medal". The Royal Numismatic Society. Porén, a descuberta en 1955 dos achados de denarios e quinarios practicamente novos en Morgantina, en Sicilia, supuxo a proba arqueolóxica definitiva da aparición do denario cara a 211 a. de C., o que tirou por terra a hipótese de Mattingly.Giard, Jean-Baptiste. "Rudi Thomsen, Early Roman coinage. A study of the chronology. Vol. II et III. Synthesis. [compte-rendu]". En Revue numismatique. 1962. 6. Nº 4. Páxinas 321-322.

En 1939 foi galardoado coa "médaille de vermeil", o maior recoñecemento outorgado pola Société Française de Numismatique."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique.

Publicacións miniatura|Imaxe dun quinario, extraída da obra de Harold Mattingli Roman coins from the earliest times to the Fall of the Western Empire (1927). Apéndice IX

Obra historiográfica

(1910): The Imperial Civil Service of Rome. Cambridge University Press. Cambridge. [Texto en liña] (1914): Outlines of the Ancient History from the Earliest Times to the Fall of the Roman Empire in the West, A.D. 476. Cambridge University Press. [Texto en liña] (1956): Essays in Roman Coinage. Oxford University Press. Oxford. [Texto en liña] (1957): Roman Imperial Civilization. Eduard Aenold Publishers. Londres. [Texto en liña] (1966): The Man in the Roman Street. W. W. Norton. Nova York. [Texto en liña] (1967): Christianity in the Roman Empire. W. W. Norton. Nova York. [Texto en liña]

Obra numismática A el débeselle a iniciativa, en 1923, da redacción de Roman Imperial Coinage, catálogo monumental cronolóxico das emisións monetarias romanas, que supuxo unha superación da metodoloxía utilizada por Henry Cohen na súa obra Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain, que se viña utilizando desde o século XIX. Matingly ocupouse inicialmente dos volumes II, III, IVa, IVb e IVc do novo proxecto e, logo da súa morte en 1964, Humphrey Sutherland e R. A. G. Carson asumiron a dirección do catálogo monumental.Zehnacker, H (1985). "С. H. V. Sutherland, The Roman Imperial Coinage, Volume I, Revised edition, From 31 ВС to AD 69". En Revue numismatique. Vol. 6. Nº 27. Páxinas 229-231.Zehnacker, H. (1986) "Où en est le Roman Imperial Coinage ?". En Bulletin de l'Association Guillaume Budé (2): 202–205.

(1926-1949) Coins of the Roman Empire in the British Museum. 6 volumes. British Museum. Londres. [Texto en liña: Vol I (1923); Vol II (1930); Vol III (1936); Vol IV (1940)] (1923-1994): The Roman Imperial Coinage (con Edward Allen Sydenham). 10 volumes. Spink, Londres. Vol. II (1926), III (1930), IVa (1936), IVb (1930) e IVc (1949). (1928): Roman Coins from the Earliest Times to the Fall of the Western Empire. Methuen & Co. Londres, [Texto en liña] (1933) The Date of the Roman Denarius and Other Landmarks in Early Roman Coinage (con E. S. G. Robinson). H. Milford, Londres. (1952). A guide to the exhibition of Roman coins in the British Museum (con E. S. G. Robinson). British Museum, Londres (1953): "Some New Studies of the Roman Republican Coinage. En Proceedings of the British Academy. Páxinas 239-285.

Traducións

Paralelamente á súa dedicación á numismática, Mattingly tamén foi o autor das traducións de dúas obras de Tácito, Agrícola e Xermania, publicadas en inglés en 1948. Esta tradución está considerada como unha das mellores e aínda se segue a usar e a reeditar na acualidade.Mattingly, H.; Cornelius Tacitus. Tacitus on Britain and Germany. Penguin Books. 1948"4.1 Revisions of a classical text - Agricola and Germania". En Munday, J. Evaluation in Translation. Critical poins of translator decision-making. Routledge, 2012. Páxina 105. ISBN 978-0-415-57769-4

Así mesmo, foi tradutor ao inglés de diversos traballos historiográficos.Altheim, Franz. A History of Roman Religion. Mathuen & Co. Londres. 1933. Traducida ao inglés por Mattingly.

Notas

Categoría:Nados en Suffolk Categoría:Nados en 1884 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Presidentes da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Historiadores do Reino Unido Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Tradutores ao inglés Categoría:Tradutores do Reino Unido Categoría:Tradutores do latín Categoría:Persoas relacionadas co Museo Británico Categoría:Personalidades sen imaxes