A Biblia (en ) é un filme estadounidense de 1966 producido por Dino De Laurentiis e dirixido por John Huston. Conta os primeiros 22 capítulos do libro da Xénese, abranguendo as historias dende Adán e Eva até o sacrificio de Isaac. Estreado por 20th Century Fox, a fotografía do filme é obra de Giuseppe Rotunno en Dimension 150 (cor de DeLuxe Color), unha variante do formato 70mm Todd-AO. Está protagonizado por Michael Parks como Adán, Ulla Bergryd como Eva, Richard Harris como Caín, John Huston como Noé, Stephen Boyd como Nimrod, George C. Scott como Abraham, Ava Gardner como Sara e Peter O'Toole como os tres anxos.

Estreouse en galego o 3 de decembro de 1988 a través da TVG.

Personaxes Michael Parks como Adán Ulla Bergryd como Eva Richard Harris como Caín John Huston como Noé, o narrador e a voz de Deus Stephen Boyd como Nimrod George C. Scott como Abraham Ava Gardner como Sara Peter O'Toole como os tres anxos Zoe Sallis como Hagar Gabriele Ferzetti como Lot Eleonora Rossi Drago como muller de Lot Franco Nero como Abel Pupella Maggio como muller de Noé Robert Rietti como administrador de Abraham Peter Heinze como Shem

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por John Huston Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes producidos por Dino De Laurentiis Categoría:Filmes baseados na Biblia Categoría:Filmes baseados no Antigo Testamento Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes rodados en Ecuador Categoría:Filmes rodados en Sardeña Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego