Mari Luz Esteban Galarza, nada en Pedrosa de Valdeporres (provincia de Burgos) en 1959, é licenciada en Medicina pola Universidade do País Vasco (UPV/EHU, 1983) e doutora en Antropoloxía na Universidade de Barcelona (1993).http://aunamendi.eusko-ikaskuntza.eus/eu/esteban-galarza-mari-luz/ar-148550/

En 2024 participou en Pontevedra no Festival de poesía Veñan as cinco.

Traxectoria social e profesional Tras a súa licenciatura en Medicina, traballou en Biscaia (Basauri e Bilbao) como médica de planificación familiar desde 1984 até 1996.

Tras doutorarse, imparte clases de Antropoloxía Social, inicialmente na Universidade de León (1994-1996), despois na Universidade Pública de Navarra (1996-1998), e desde 1998 é profesora da Universidade do País Vasco (UPV/EHU).

Participou en distintas iniciativas e asociacións feministas desde 1980: foi membro da Asemblea de Mulleres de Biscaia e da Plataforma por un Sistema Público Vasco de Atención á Dependencia. Hoxe en día forma parte do Grupo de Mulleres de Basauri (Biscaia) ao que pertence desde os seus anos de universidade e de Marienea Elkartea (Casa das Mulleres de Basauri).

A súa tese de doutoramento, no campo da saúde reprodutiva e o xénero, enfocouse ao estudo da vivencia das mulleres da súa propia saúde e a experiencia dos centros de planificación familiar, área na que ten distintas publicacións. Despois desta investigación, desenvolveu unha nova perspectiva teórico-metodolóxica -antropoloxía do corpo- cuxa publicación máis importante é o libro Antropología del cuerpo. Género, itinerarios corporales, identidad y cambio (Barcelona: Edicions Bellaterra, 2004). Posteriormente adentrouse no campo das emocións e o amor, publicando, entre outras cousas, un libro titulado Crítica del Pensamiento Amoroso (Barcelona: Edicions Bellaterra, 2011).

Así, as súas investigacións céntranse no ámbito da Antropoloxía da Medicina, a Antropoloxía Feminista e a Antropoloxía do Corpo e das Emocións.

Escribiu tamén un libro de poesía: Amaren heriotzak libreago egin ninduen (Iruñea: Pamiela, 2013), traducido ao catalán: La mort de la meva mare em va fer més lliure (Barcelona: Pollen, 2016) e ao castelán: La muerte de mi madre me hizo más libre (Madrid: La oveja roja, 2017)

Tamén un ensaio sobre as transformacións na política, en xeral, e na política feminista, en particular, a partir da súa experiencia no ámbito vasco: Feminismoa eta politikaren eraldaketak (Zarautz: Susa-Lisipe)

Publicacións Ao longo da súa traxectoria profesional publicou diverso material: libros, monografías e unha variedade de artigos en revistas especializadas. De todo este material impreso destacan:

"Antropología encarnada, antropología desde una misma”. Revista electrónica: Papeles del CEIC, Nº 12. CEIC (Centro de Estudios sobre las Identidades Colectivas), UPV-EHU, marzo de 2004. Crítica del pensamiento amoroso (2011), Identidades de género, feminismo, sexualidad y amor: los cuerpos como agentes (2009); El estudio de la salud y el género. Las ventajas de un enfoque antropológico y feminista (2006); Antropología del cuerpo. Género, itinerarios personales, identidad y cambio (Bellaterra, 2004). Re-producción del cuerpo femenino. Discursos y prácticas acerca de la salud (Gakoa-Tercera Prensa, 2001); Emakumeen osasunaz beraiei galdezka. Ugalketa eta sexualitate eredu desberdinak (1993); Amaren heriotzak libreago egin ninduen (Iruñea: Pamiela, 2013), traducido ao catalán: La mort de la meva mare em va fer més lliure (Barcelona: Pollen, 2016) e ao castelán: La muerte de mi madre me hizo más libre (Madrid: La oveja roja, 2017) Feminismoa eta politikaren eraldaketak (Zarautz: Susa-Lisipe)

Notas

Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados na provincia de Burgos Categoría:Antropólogos de España Categoría:Feministas de España