Green é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo R.E.M., publicado o 7 de novembro de 1988 a través do selo Warner Bros. Records. Producido polo grupo e Scott Litt, o disco continuou explorando temas políticos. A banda experimentou compoñend cancións máis ambiciosas e incorporando novos instrumentos ao seu son, como mandolinas, ademais de cambiar os seus instrumentos orixinais nalgunhas cancións.
Tras o seu lanzamento, Green foi un éxito comercial e da crítica. Para promover o disco a banda embarcouse nunha xira mundial de 11 meses e editou catro sinxelos do álbum: "Orange Crush", "Stand", "Pop Song 89" e "Get Up".
Listaxe de cancións
Disco 2 do 25 aniversario - Live in Greensboro, 1989 "Stand" - 3:01 "The One I Love" - 3:18 "So. Central Rain (I'm Sorry)" - 3:39 "Turn You Inside Out" - 4:09 "Belong" - 4:09 "Exhuming McCarthy" - 3:14 "Good Advices" - 3:11 "Orange Crush" – 3:41 "Feeling Pull" - 6:18 "Cuyahoga" - 4:11 "These Days" - 3:36 "World Leader Pretend" - 4:13 "I Believe" - 4:14 "I Remember California" - 5:23 "Get Up" - 2:34 "Life and How to Live It" - 4:23 "It's the End of the World as We Know It (And I Feel Fine)" - 4:32 "Pop Song 89" - 3:10 "Fall On Me" - 2:56 "You Are the Everything" - 4:29 "Begin the Begin" - 3:38 "King of Birds" - 5:09 "Strange" - 2:44 "Low" - 5:19 "Finest Worksong" - 3:43 "Perfect Circle" - 4:08
Exclusiva do Record Store Day 2013 - Live in Greensboro EP "So. Central Rain (I'm Sorry)" - 3:39 "Feeling Pull" - 6:18 "Strange" - 2:44 "King of Birds" - 5:09 "I Remember California" - 5:23
Notas
Categoría:Álbums de R.E.M. Categoría:Álbums musicais de 1988 Categoría:Álbums producidos por Scott Litt Categoría:Álbums de Warner Bros. Records