A igrexa de San Francisco de Asís, antigamente catedral de San Francisco de Asís, é unha igrexa católica da cidade de Adén (Iemen). Historia O templo foi a catedral da vigairía apostólica de Arabia meridional entre 1892 e 1974, ano no que a catedral pasou a ser a de San Xosé de Abu Zabi. Dende entón, o templo pasou a ter clasificación como igrexa parroquial.

Durante a etapa de dominio británico da rexión, a carón da igrexa estaba situada a Escola de Santo Antón, mais logo da independencia o goberno apropiouse dela, e construíu un muro entre o templo e a escola.

miniatura|esquerda|300px|A igrexa en 2013, moi deteriorada e vandalizada Actualmente está nunha situación moi deteriorada, e as fiestras e a porta principal foron tapiadas. A estatua de Xesús Cristo bendicindo o mar ten sido atacada en varias ocasións, mais permanece no seu lugar.

O templo é administrado por un salesiano, un dos cinco únicos sacerdotes católicos con presenza estable no país. En 1990 encargouse da parroquia o salesiano indio Mathew Uzhunnalil, que permaneceu nela até a súa volta á Bangalore en 2007. O seu irmán máis novo, o párroco Tom Uzhunnalil, foi secuestrado por un grupo islamista o 4 de marzo de 2016, no ataque ao fogar para anciáns da cidade levado polas Misioneiras da Caridade, no que foron asasinadas 16 persoas. O sacerdote foi libertado en setembro de 2017.

Notas

Categoría:Igrexas católicas do Iemen Categoría:Antigas catedrais Categoría:Sociedade de San Francisco de Sales