Makarios (en ), nado como Georgios Mavrogiannakis (en ) en Charakas (Illa de Creta) en 1968, é un eclesiástico ortodoxo grego, dende 2013 arcebispo de Qatar. Traxectoria Chegou a Xerusalén en 1980, estudando na escola patriarcal. En 1986 entrou na vida monástica e en 1987 foi ordenado diácono. En 1992 foi ordenado sacerdote, e en 1993 nomeado arquimandrita, e posteriormente continuou os seus estudos teolóxicos en Belgrado até 1995. Á súa volta a Xerusalén, foi profesor na escola patriarcal de Sión, vigairo en Gaza e hegúmeno en Al-Fuhais.

En 2004 foi nomeado gardián (επίτροπος) do patriarca en Qatar. Alí encargouse da posta en marcha da construción da catedral dos santos Isaac e Xurxo en Doha. Ademais de exercer as labores pastorais para a comunidade ortodoxa qatarí, en 2011 cursou estudos de posgrao en Liturxia na Universidade de Belgrado.

O 19 de febreiro de 2013 foi nomeado arcebispo de Qatar, recibindo a consagración episcopal o 25 de febreiro.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados na periferia de Creta Categoría:Monxes ortodoxos Categoría:Bispos ortodoxos de Grecia Categoría:Bispos ortodoxos de Israel Categoría:Bispos ortodoxos de Palestina Categoría:Bispos ortodoxos de Qatar Categoría:Bispos da Igrexa ortodoxa de Xerusalén Categoría:Bispos ortodoxos do século XXI Categoría:Alumnos da Universidade de Belgrado