Lillian Florence Hellman, nada en Nova Orleáns o 20 de xuño de 1905 e finada en Oak Bluffs o 30 de xuño de 1984, foi unha dramaturga e guionista de cinema estadounidense. Foi coñecida polo seu compromiso político con causas esquerdistas, pola súa relación sentimental co escritor Dashiell Hammett e pola súa longa amizade coa escritora Dorothy Parker, de quen foi testamenteira.

Traxectoria Hellman creceu entre Nova Orleáns e Nova York nunha familia de orixe xudía convertida ao cristianismo e chea de excéntricos e avaros, que despois apareceron retratados nas súas obras. Estudou nas universidades de Columbia e Nova YorkMartinson, Lillian Hellman, pp. 37, 43, 47 e despois de traballar como crítica literaria e axente publicitaria, comezou a escribir as súas propias obras na década de 1930.

O 31 de decembro de 1925 casou co dramaturgo e axente de prensa Arthur Kober, aínda que a miúdo viviron separados.Martinson, Lillian Hellman, pp. 44-46 Dende 1930 e durante un ano aproximadamente, gañaba 50 dólares á semana como lectora para Metro-Goldwyn-Mayer en Hollywood, escribindo resumos de novela para posibles guións.Dick, Hollywood, pp. 19–21 Mentres estaba en Hollywood, coñeceu e namorouse do escritor Dashiell Hammett. Divorciouse de Kober e volveu a Nova York en 1932.Martinson, Lillian Hellman, pp. 89–90 Cando coñeceu a Hammet nun restaurante, ela tiña 24 anos e el 36. Mantiveron unha relación intermitente ata a morte de Hammet en xaneiro de 1961.Lillian Hellman, "Introduction", en Dashiell Hammett, The Big Knockover (1972), p. vii

O seu primeiro grande éxito foi o drama The Children's Hour (1934),Dick, Hollywood, p. 32 que trata sobre dúas profesoras acusadas de seren lesbianas. Tamén abordou as tremendas rivalidades internas dunha familia aristócrata sureña na súa obra The Little Foxes. Protagonizada por Tallulah Bankhead, esta acusou a Hellman de comunista por defender a invasión de Finlandia e non volveron falar entre elas trala estrea.

En outubro de 1937, Hellman pasou varias semanas en España para apoiar as Brigadas Internacionais na guerra civil española. Mentres Madrid era bombardeada, emitiu un informe aos Estados Unidos dende Radio Madrid.

Negouse a testificar ante o Comité de Actividades Antiamericanas en 1952, sospeitosa de comunismo polas súas tendencias de esquerda. En 1957 colaborou con Leonard Bernstein no libreto de Candide, opereta baseada en Cándido, novela curta de Voltaire.Joan Peyser, Bernstein: A Biography, (NY: Beech Tree Books, 1987), p. 248

En 1969 publicou An Unfinished Woman primeira das súas tres autobiografías, seguida por Pentimento (levada ao cinema como Julia con Jane Fonda e Vanessa Redgrave) e en 1976 por Scoundrel Time.

A principios da década de 1970, deu clases de escritura na Universidade de California, Berkeley, no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts e no Hunter College de Nova York.Wright Lillian Hellman, p. 334 en Harvard e Yale e recibiu o New York Drama Critics Circle Award e a medalla de ouro da Academy of Arts and Letters for Distinguished Achievement in the Theater.

Arquivo Os papeis de Hellman consérvanse no Harry Ransom Center da Universidade de Texas en Austin. O seu arquivo inclúe unha extensa colección de esbozos, contratos, correspondencia, discursos, notas, premios, axendas e graos honorarios.

Legado Entre as institucións que outorgaron a Hellman graos de honra inclúense a Universidade Brandeis (1955),Brandeis University: "Honorary Degrees: A Short History", consultado o 13 de decembro de 2011. o Wheaton College (1960),Wheaton College: Lillian Hellman, Honorary Degree Recipient , consultado o 13 de decembro de 2011 o Mt. Holyoke College (1966),Bryer, Conversations, xxiv o Smith College (1974),Horn, Sourcebook, p. 16 a Universidade Yale (1974) e a Universidade de Columbia (1976).

Human Rights Watch administra o programa de bolsas Hellman/Hammett.Human Rights Watch/Hellman-Hammett Grants , hrw.org; consultado o 16 de decembro de 2011.

Hellman é a personaxe central na obra de teatro de Peter Feibleman Cakewalk (1993), que amosa a relación do autor con Hellman.Ben Brantley, "Courting Lillian Hellman, Most Carefully" , nytimes.com, 7 de novembro de 1996; consultado o 11 de decembro de 2011.

En 1999, Kathy Bates dirixiu o telefilme Dash and Lilly, baseado na relación entre Hellman e Hammett."Dash and Lilly (TV 1999)", Internet Movie Database; consultado o 16 de decembro de 2011

O enfrontamento entre Hellman e Mary McCarthy é a base da obra de teatro de Nora Ephron Imaginary Friends (2002), con música de Marvin Hamlisch e letras de Craig CarneliaNew York Times: Ben Brantley, ""Literary Lions, Claws Bared", 13 de decembro de 2002, consultado o 16 de decembro de 2011.

William Wright escribiu The Julia Wars, baseado na batalla legal entre Hellman e McCarthy. Dorothy Gallagher escribiu unha biografía de Hellman, Lillian Hellman: An Imperious Life.

Obra

The Children's Hour (obra de teatro, 1934) The Dark Angel (guión, 1935) These Three (guión, 1936) Days To Come (1936) Rúa sen saída (1937) The Little Foxes (obra de teatro, 1939) Watch on the Rhine (obra de teatro, 1941) A loba (guión, 1941) A estrela do norte (guión, 1943) The Searching Wind (obra de teatro, 1944) Another Part of the Forest (obra de teatro, 1946) The Searching Wind (guión, 1946) Montserrat (obra de teatro, 1949) The Autumn Garden (obra de teatro, 1951) Candide (opereta, 1957) Toys in the Attic (obra de teatro, 1960) My Mother, My Father and Me (obra de teatro, 1963) Preface to The Big Knockover, a collection of Hammett's stories (1963) An Unfinished Woman: A Memoir (memorias, 1969) Pentimento: A Book of Portraits (memorias, 1973) Scoundrel Time (memorias, 1976) Maybe: A Story (novela, 1980 novel) Eating Together: Recipes and Recollections, con Peter Feibleman (memorias, 1984) Three (1980), memorias reeditadas nun só volume

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alan Ackerman, Just Words: Lillian Hellman, Mary McCarthy, and the Failure of Public Conversation in America (Yale University Press, 2011) Thomas Carl Austenfeld., American Women Writers and the Nazis: Ethics and Politics in Boyle, Porter, Stafford, and Hellman (University Press of Virginia, 2001) Jackson R. Bryer, ed., Conversations with Lillian Hellman (University Press of Mississippi, 1986), a collection of 27 interviews published between 1936 and 1981 Bernard F. Dick, Hellman in Hollywood (East Brunswick, NJ: Farleigh Dickinson University Press, 1982) Peter Feibleman, Lilly: Reminiscences of Lillian Hellman (NY: Morrow, 1988) Alice Griffin and Geraldine Thorsten, Understanding Lillian Hellman (University of South Carolina Press, 1999) John Earl Haynes, "Hellman and the Hollywood Inquisition: The Triumph of Spin-Control over Candour," Film History, vol 10, No. 3, 1998, pp. 408–14 Barbara Lee Horn, Lillian Hellman: A Research and Production Sourcebook (Greenwood Press, 1998) Alice Kessler-Harris, A Difficult Woman: The Challenging Life and Times of Lillian Hellman (Bloomsbury Press, 2012) Rosemary Mahoney, A Likely Story: One Summer With Lillian Hellman (NY: Doubleday, 1998) Deborah Martinson, Lillian Hellman: A Life with Foxes and Scoundrels (Counterpoint Press, 2005; ) Joan Mellen, Hellman and Hammett: The Legendary Passion of Lillian Hellman and Dashiell Hammett, (NY: HarperCollins, 1996) Richard Moody, Lillian Hellman: Playwright (NY: Pegasus, 1972) Robert P. Newman, The Cold War Romance of Lillian Hellman and John Melby (University of North Carolina Press, 1989) Carl E. Rollyson, Lillian Hellman: Her Legend and Her Legacy (NY: St. Martin's Press, 1988) Alan Barrie Spitzer, Historical Truth and Lies about the Past: Reflections on Dewey, Dreyfus, de Man, and Reagan (University of North Carolina Press, 1996), ch. 1: "John Dewey, the 'Trial' of Leon Trotsky, and the Search for Historical Truth" William Wright, Lillian Hellman: The Image, the Woman (NY: Simon and Schuster, 1986) Ligazóns externas American Masters PBS Por que fascina Lillian Hellman, artigo de NYT, 1996

Categoría:Nados en Nova Orleáns, Luisiana Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Dramaturgos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Alumnos da Universidade de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Lista negra de Hollywood