Luca Milesi, O.F.M.Cap., nado o 21 de abril de 1924 en San Giovanni Bianco (Lombardía) e finado o 22 de maio de 2008 en Asmara, foi un relixioso católico italiano, primeiro bispo de Barentu dende 1995 até 2001. Traxectoria O 4 de marzo de 1950 foi ordenado sacerdote da Orde dos Freires Menores Capuchinos. En 1971 foi nomeado administrador apostólico da vigairía apostólica de Asmara dos latinos, cargo que exerceu até que o 21 de decembro de 1995 foi nomeado bispo da nova eparquía de Barentu da Igrexa católica etíope.
Recibiu a consagración episcopal o 4 de febreiro de 1996 de mans do metropolita de Adís Abeba Paulos Tzadua, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Asmara Zekarias Yohannes e ao de Adigrat Kidane-Mariam Teklehaimanot.
Retirouse o 4 de outubro de 2001, e foi sucedido por Thomas Osman, do que foi co-consagrante o 12 de xaneiro de 2002. Finou o 22 de maio de 2008 en Asmara.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Nados na provincia de Bérgamo Categoría:Finados en 2008 Categoría:Capuchinos de Italia Categoría:Bispos católicos de Eritrea Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Bispos da Igrexa católica etíope Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI