Larvivora akahige é unha especie de ave paseriforme da familia Muscicapidae que vive no arquipélago do Xapón e no leste da China.

Distribución e hábitat miniatura|esquerda|Macho. miniatura|esquerda|Femia. Cría nos bosques das illas do arquipélago xaponés, incluído o sur da illa de Sakhalin, ademais das illas Kuriles meridionais e outras illas menores. Migra para pasar o inverno no leste da China.

Taxonomía A especie foi descrita cientificamente en 1835 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck, co nome binomial de Sylvia akahige. Posteriormente foi clasificado no xénero Erithacus, xunto a Larvivora komadori e o paporroibo europeo. Mais un estudo filoxenético de 2006 demostrou que as dúas especies asiáticas estaban máis próximas á hoxe chamada Larvivora cyane (naquel momento clasificado como Luscinia) que ao paporroibo. Un amplo estudo de 2010 confirmou isto e ademais demostrou que o xénero Luscinia non era monofilético. Entón reinstaurouse o xénero Larvivora para resituar o clado que contiña os que hoxe se chaman Larvivora akahige, Larvivora komadori, Larvivora cyane e outras especies que se clasificaban en Luscinia.

O nome científico desta especie, akahige é algo confuso, xa que é o nome común en xaponés do seu parente de Okinawa (Larvivora komadori), e viceversa, o nome científico deste último, komadori, é o nome común en xaponés do L. akahige.

Recoñécense dúas subespecies: L. a. akahige Temminck, 1835 - encóntrase en Sakhalin, as Kuriles meridionais e as illas principais do Xapón; L. a. tanensis Kuroda, 1923 - presente nalgunhas illas menores do sur do arquipélago xaponés (as illas Izu e as próximas a Kyūshū).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Gravacións do canto do reiseñor xaponés

Categoría:Muscicápidos Categoría:Animais descritos en 1835