Airbus Helicopters SAS (anteriormente Eurocopter Group) é a división de fabricación de helicópteros de Airbus. É a compañía máis grande da industria en termos ingresos e helicópteros de turbina entregados. A súa sede atópase no aeroporto de Marsella Provenza, en Marignane, Francia, preto de Marsella. As súas principais instalacións atópanse en Marignane e en Donauwörth, Alemaña, con plantas de produción adicionais no Brasil (Helibras), Australia, España e os Estados Unidos. A compañía foi renomeada Airbus Helicopters o 2 de xaneiro de 2014.

Historia Airbus Helicopters formouse en 1992 como Eurocopter Group a través da fusión das divisións de helicópteros de Aérospatiale e DASA. A herdanza da compañía remóntase a Louis Blériot e Lioré et Olivier en Francia e a Messerschmitt e Focke-Wulf en Alemaña.

Airbus Helicopters e as compañías predecesoras estableceran unha gran cantidade de fitos na industria dos helicópteos, como o primeiro helicóptero de produción cun turboeixo (o Aérospatiale Alouette II de 1955); a introdución do rotor de cola Fenestron (no Gazelle de 1968); o primeiro helicóptero certificado para voos completos en condicións de xeo (o AS332 Super Puma en 1984); o primeiro helicóptero de produción cun sistema de control fly-by-wire (o NHIndustries NH90); o primeiro helicóptero en usar un control primario fly-by-light (un banco de probas EC135 en 2003); e a primeira aterraxe dun helicóptero no Everest (conseguido por un AS350 B3 en 2005).

Como consecuencia da fusión dos anteriores participantes de Airbus Helicopters en 2000, a firma no presente é unha filial propiedade na súa totalidade de Airbus. A creación do que entón foi chamado EADS en 2000 tamén incorporaba á española CASA, que tamén tiña unha historia relacionada cos helicópteros que se remontaba aos tempos de Talleres Loring, e incluía a montaxe local do Bo105.

No presente Airbus Helicopters ten catro fábricas principais en Europa (Marignane e La Courneuve en Francia, e Donauwörth e Kassel en Alemaña), e outras 32 de filiais e participantes en todo o mundo, como as de Brisbane en Australia, Albacete en España e Grand Prairie nos Estados Unidos.

Dende aproximadamente 2006 Eurocopter estivo involucrado no proxecto do proposto Futuro Helicóptero de Transporte Paneuropeo.

En 2014 había máis de 12 000 aparellos de Airbus Helicopters en servizo con máis de 3 000 clientes de 150 países.

No ano 2019 Airbus Helicopters obtivo 369 pedidos de 161 clientes en 51 países e entregou 332 aparellos, conseguindo o 54% do mercado de halicópteros en todo o mundo.

Produtos Algúns dos helicópteros foron renomeados en 2015, asemellándose ao nome dos avións de Airbus. Cando a división cambiou o seu nome de Eurocopter Group e Airbus Helicopters en 2014 modificáronse os nomes comerciais dos produtos (aplicados ata o 1 de xaneiro de 2016) para reflectir isto. Os sufixos, así como a diferenciación para motores simples ou bimotores, deixaron de usarse. As versións militares debían ser simbolizadas coa letra M. As únicas excepcións a esta nova marca foron o AS365, o AS565, o Tiger e o NH90, que mantiveron os seus nomes. +NomeTipoImaxeIntroducidoMTOWH125Lixeiro monomotor150x150px19752 250 kgH130Lixeiro monomotor150x150px20012 500 kgH135Lixeiro bimotor150x150px19962 980 kgH145Lixeiro bimotor150x150px20023 700 kgH155Medio bimotor150x150px19994 920 kgH160Medio bimotor150x150px20196 050 kgH175Súper medio bimotor150x150px20147 800 kgH215Pesado bimotor150x150px19809 150 kgH225Pesado bimotor150x150px200411 200 kgNH90Utilitario militar bimotor150x150px200610 600 kgTigerAtaque militar bimotor150x150px20036 600 kg

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da compañía

Categoría:Airbus