300px|miniatura|Basílica de Santa María de Vilafranca del Penedès Vilafranca del Penedès é un municipio e cidade da provincia de Barcelona, en Cataluña (España), capital da comarca do Alt Penedès. É coñecida a nivel internacional polos seus viños espumosos (o cava catalán).
Historia O municipio ten as súas orixes no século XII. Pódense atopar numerosos edificios de orixe medieval como a Basílica de Santa Maria, o Palau dels Comtes Reials, o Palau Baltà e o Palau Macià.
Tamén hai edificios modernistas de finais do século XIX e principios do XX ao longo das ramblas de Vilafranca del Penedès. Outro exemplo de arquitectura modernista é a fachada do Concello na Praza da Vila.
No centro da cidade pódense atopar algunhas igrexas góticas, edificios modernistas, un amplo centro comercial ao aire libre, unha grande oferta e cultura gastronómica, así como a visita ao Museo de Vilafranca (onde tamén se atopa o Museo do viño), e onde se explica ao visitante o proceso de elaboración do cava, así como a súa historia e a súa relación co municipio.
Os últimos presidentes do Museo de Vilafranca foron César Martín e, actualmente, Josep Soler.
Demografía O municipio está formado por 5 entidades de poboación: El Bordellet (9 hab.), El Molí d'en Rovira (166 hab.), Perepau (87 hab.), Les Salines (85 hab.) e Vilafranca del Penedès (35.517 hab.).
Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2006 7.749 9.822 11.17717.54625.02030.02436.687
Lugares de interese Casa Miró Casa Fortuny Casa Guasch Igrexa de Santa Maria Palau Reial Capela de Sant Pelegrí Capela dels Dolors Igrexa de SAnt Joan Casa da Vila
Festividades Do calendario festivo pódense destacar as Feiras de Maio, as festas de barrio durante os meses de xullo e agosto, e a Festa Maior a finais de agosto declarada de interese nacional.
Localidades irmandadas Bühl, Alemaña Melzo, Italia Novo Mesto, Eslovenia Puerto Cabezas, Nicaragua
Galería de imaxes
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web do concello Guía urbana de Vilafranca del Penedès Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya