Noemí Galera Nebot, nada en Barcelona o 2 de febreiro de 1967, é unha produtora de televisión e directora de casting de Gestmusic Endemol, ademais de xurado en varios talent shows e directora da academia de Operación Triunfo.
Traxectoria É directora de casting de Gestmusic Endemol, onde dirixiu os castings das edicións de Operación Triunfo (nas cales exerceu tamén as labores de subdirección e algunhas edicións participou tamén como xurado do programa), de Eurojunior e ¡Tu gran día!, para TVE, Lluvia de estrellas para Antena 3, Allá tú para Telecinco e Amor a primera vista para TV3, entre outros.
Ademais, dirixiu os programas Un siglo de canciones, 2000 canciones e Nuestras canciones para Canal 9, 100 anys de cançons para TV3 e Tu gran día para TVE, entre outros.
Tamén codirixiu os programas de TVE Todos con Ramón: Operación Eurovisión, Vicente, Ramón, Miguel y Davinia: Operación Eurovisión, La historia: Destino Eurovisión, Generación OT, Operación Eurovisión-2003, Ainhoa Cantalapiedra y amigos, Manuel Carrasco y amigos e Beth y amigos.
Formou parte do xurado das edicións de Operación Triunfo de 2005, 2006, 2008, 2009 e 2011, ademais de Operación Tony Manero e Tú sí que vales.
En 2013, participou en El número uno como directora de castings escollendo as cancións para os concursantes deste programa.
En 2014 retomou o seu posto como xurado en ¡Mira quién baila!, avaliando as actuacións dos bailaríns da novena edición en La 1. Os seus outros compañeiros do xurado foron Ángel Corella, Norma Duval e Miguel Ángel Rodríguez. Dende o 16 de outubro de 2016 até o 31 de outubro de 2016 presentou OT: El reencuentro con Manu Guix, coincidindo cos concursantes da primeira edición de Operación Triunfo.
En marzo de 2017, púxose á fronte do casting de Tu cara no me suena todavía, a versión de anónimos de Tu cara me suena, en Antena 3. Encargouse de dirixir a etapa de castings da nova edición de Operación Triunfo e de escoller os novos concursantes, e o 18 de xullo de 2017 sóubose que sería a nova directora da academia de Operación Triunfo, programa que se emitiu dende finais de outubro en La 1 de TVE.
Vida persoal Noemí casou no ano 2009 co músico e compositor Arnau Vila, colaborador nas producións de Miguel del Arco e os talent shows de Gestmusic Endemol, e teñen dous fillos, Aina (nada en 2010) e Lluc (nada en 2012).
Televisión Lluvia de estrellas (1995 - 2007) - Antena 3 Operación Triunfo (2001 - 2004) - La 1 Eurojunior (2003 - 2006) - La 1 Operación Triunfo (2005 - 2011) - Telecinco ¡Mira quién baila! (2005 - 2014) - La 1 Allá tú (2008) - Telecinco Operación Tony Manero (2008) - Telecinco Tú sí que vales (2008 - 2009) - Telecinco Cántame una canción (2010) - Telecinco El número uno (2012 - 2013) - Antena 3 Mi casa es la tuya (2016) - Telecinco OT: El reencuentro (2016) - La 1 Tu cara no me suena todavía: Los castings (2017) - Antena 3 Operación Triunfo (2017-presente) - La 1
Notas
Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Operación Triunfo