Ernesto Baltar Cortés, nado en Padrón en 1863 e finado no mesmo concello en decembro de 1930,El Ideal Gallego, 27-12-1930, p. 5. foi un farmacéutico e político galego.
Traxectoria
Fillo de Ángel Baltar Varela. Foi farmacéutico en Padrón. Xuíz municipal substituto en 1900, foi nomeado alcalde de Padrón por Real Orde en xaneiro de 1906.La Correspondencia Gallega, 4-1-1906, p. 2. Permaneceu no cargo até 1909. Foi axente executivo de contribucións e subdelegado de Farmacia do concello de Padrón.
Vida persoal
Casou con Carmen Santaló Villar en 1893,Diario de Avisos de La Coruña, 9-5-1893, p. 1. e foi pai de Carmen, José, Manuel e Ernesto Baltar Santaló. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sesión pública de Historia da Farmacia gallega dedicada a la padronesa FARMACIA BALTAR
Categoría:Farmacéuticos de Padrón Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1930 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos