Primitiva Lodeiro Otero, nada na Coruña en 1913 e finada en Vigo o 3 de decembro de 1997,La Voz de Galicia, 4-12-1997, p. 42. foi unha modista e política galega.

Traxectoria Modista coruñesa, noiva do anarquista Antonio Torres López. Na súa casa das Xuvias tivo agochado a Antonio dende xullo de 1936 ata agosto de 1937, cando foron detidos na investigación policial pola tentativa de fuxida no boniteiro Explorador, na que tamén estaba implicado o irmán de Primitiva, Manuel Lodeiro Otero. Xulgada en consello de guerra o 12 e 13 de novembro de 1937,La Voz de Galicia, 14-11-1937, p. 4. foi condenada a 12 anos e un día de cárcere. En xuño de 1942 foi sancionada polo Goberno civil cunha multa de 75 pesetas por obstaculizar o labor dos axentes da Autoridade e ter malos antecedentes.La Voz de Galicia, 23-6-1941, p. 2.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes