Hendrik Brugt Gerhard Casimir, nado o 15 de xullo de 1909 na cidade surholandesa da Haia e finado o 4 de maio de 2000 en Heeze, Brabante do Norte, foi un físico neerlandés vinculado á Universidade de Leiden coñecido polas súas investigacións sobre o modelo de supercondutores de dous fluídos, en 1934, e polo denominado Efecto Casimir, en 1946."Kasimier, Hendrik Brugt Gerhard (1909-2000)". En Biografisch Woordenboek van Nederland.

Traxectoria Casimir estudou física teórica na Universidade de Leiden, onde foi alumno de Paul Ehrenfest."Hendrik Brugt Gerhard Casimir ". En Mathematics Genealogy Project. Culminou os seus estudos en 1931, coa publicación da súa tese de doutoramento sobre a mecánica cuántica de corpos estáticos e sobre a teoría grupal da rotación das moléculas.Casimir, H. B. G. Rotation of a Rigid Body in Quantum Mechanics. A Haia. 1931 Durante eses anos mantivo tamén contactos científicos en Copenhague con Niels Bohr.Casimir, H. B. G. Het toeval van de werkelijkheid: Een halve eeuw natuurkunde. Meulenhof. Amsterdam. 1983. Páxinas 34, 37, 74, 80, 152, 374.

Logo da súa graduación traballou como axudante de Wolfgang Pauli na universidade ETH de Zürich e, en 1938, chegou a ser profesor da Universidade de Leiden, onde compaxinou a docencia coas investigacións sobre a condución de calor e sobre a de electricidade, e contribuíu ao desenvolvemento das temperaturas de millikelvin.Lamoreaux, S. K. (2002)

En 1942, durante a segunda guerra mundial, Casimir trasladouse aos laboratorios Philips en Eindhoven, onde desenvolveu o seu labor científico e, en 1945, redactou o seu famoso estudo sobre o "principio de reversibilidade microscópica" de Lars Onsager. Chegou a ocupar o posto de director adxunto dos laboratorios de investigación de Philips en 1946 e un dos membros da dirección da compañía en 1956, da que se retirou en 1972.Casimir, H. B. G. (1986). Páxinas 238, 276, 279.

Aínda que durante a súa carreira profesional investiu moito tempo e dedicación no terreo industrial, Hendrik Casimir foi un dos grandes físicos teóricos dos Países Baixos. A Casimir débenselle numerosas achegas á ciencia como resultado das súas investigacións entre 1931 e 1950, fundamentalmente en relación coa matemática pura, os grupos de Lie (1931), as estruturas hiperfinas, os cálculos de momentos nucleares cuádruplos (1935), a física de temperaturas baixas, o magnetismo, a termodinámica dos supercondutores e a relaxación paramagnética (1935-1942), e as aplicacións da teoría dos fenómenos irreversibles de Onsager (1942-1950).Schuurmans, M. (2000)

En 1946 entrou a formar parte da Real Academia das Artes e as Ciencias dos Países Baixos."Hendrik Brugt Gerhard Casimir (1909 - 2000) ". KNAW Past Members. Durante o seu período laboral en Philips, en 1948, en colaboración con Dirk Polder, predixo a atracción da mecánica cuántica entre placas condutoras, que posteriormente paso a coñecerse como Efecto Casimir, que tivo importantes consecuencias nos sistemas microelectromecánicos."Casimir effect". En Encyclopaedia Britannica.

Casimir colaborou na fundación da Sociedade Europea de Física, da que foi presidente entre 1972 e 1975, e foi tamén membro da prestixiosa Royal Society de Londres.Hargreaves, C. M. "Hendrik Brugt Gerhard Casimir Knight of the Order of the Nederlandse Leeuw Commander in the Order of Orange Nassau. 15 July 1909 - 4 May 2000: Elected F.R.S. 1970". En Biographical Memoirs of Fellows of the Royal Society. 50: 39. 2004. En 1979 foi un dos relatores fundamentais na celebración do 25º aniversario da creación do CERN.

Foi premiado con seis títulos de doutor honoris causa por outras tantas universidades do mundo e foi recoñecido con numerosos galardóns, entre eles a Medalla IRI (1976), do Industrial Research Institute, de Arlington, nos EEUU, a Medalla Matteucci (1985), da Accademia Nazionale delle Scienze, de Italia, e a medalla Wilhelm Exner (1982), da Asociación do Comercio de Austria."IRI Medal ". Industrial Research Institute."Die Wilhelm Exner Medaille ". Na web da Asociación do Comercio de Austria."Medaglia Matteucci". Accademia Nazionale delle Scienze.

Publicacións

1931: Rotation of a Rigid Body in Quantum Mechanics. A Haia-Groningen. Acceso en liña 1940: Magnetism and Very Low Temperatures. Cambridge University Press. Cambridge. 1948: "The Influence of Retardation on the London-van der Waals Forces". En Physical Review. Vol. 73. Nº 4. Con Dirk Polder. Acceso en liña 1948: "On the attraction between two perfectly conducting plates". En Proceedings of the Royal Netherlands Academy of Arts and Sciences. Vol. 51. Acceso en liña 1967: "The Skin Effect". En Philips Technical Review. Vol. 28. Acceso en liña 1983: Haphazard Reality: half a century of science. Harper & Row. Nova York. 1983. ISBN 0-06-015028-9 1983: Het toeval van de werkelijkheid: Een halve eeuw natuurkunde. Meulenhof. Ámsterdam. ISBN 90-290-9709-4 1987: Waarneming en visie; over wetenschap en maatschappij. Meulenhoff. ISBN 9029096276 1989: Physics in the making: essays on developments in 20th century physics. North-Holland. Ámsterdam. ISBN 0-444-88121-2

Casimir Research School Na honra deste eminente físico neerlandés, en 2004 estableceuse en Leiden a Casimir Research School ("Escola de Investigación Casimir"), unha institución académica conxunta entre a Universidade de Leiden e a Universidade de Tecnoloxía de Delft, centrada na física interdisciplinaria, cun programa de investigación desenvolvido polo Kavli Institute of Nanoscience ("Instituto Kavli de Nanociencia"), en Delft, e o Instituto Leiden de Física.

A institución agrupa case medio milleiro de investigadores, tanto posgraduados, algúns deles en programas de doutoramento, como no seu período de formación universitaria en ambas as universidades.Casimir Research School.

Premio Hendrik Casimir A Casimir Research School recoñece anualmente co premio Hendrik Casimir os investigadores que desenvolven con máis excelencia un programa de mestrado nalgunha das dúas universidades. O premio, consistente nunha certificación que leva aparellada unha dotación económica, ten as súas orixes na doazón de fondos realizada por Josina Casimir-Jonker, viúva de Hendrik Casimir.

Estes son os últimos gañadores do premio Hendrik Casimir:Hendrik Casimir Prize.

2010: Aafke van den Berg, Nico Verhart, Robert Ietswaart e Tim Baart. 2011: Rianne van den Berg e Evert van Nieuwenburg. 2012: Jelmer Wagenaar e Christopher Watson. 2013: Katy Wei e Tom van der Reep. 2014: Anne Meeussen, Jorinde van de Vis e Sander Konijnenberg. 2015: Stijn Debackere e Eduardo Pavinato Olimpio. 2016: Andrea Peña e Jorrit Hortensius. 2017: Nashwan Sabti e Nikolas-Olivier Kavadias. 2018: Marta Pita Vidal, Damian Bouwnmeester e Stefano Polla.

Galegos co premio Hendrik Casimir Na edición de 2018 resultou galardoada con este premio a enxeñeira física e matemática galega Marta Pita Vidal, quen, tras formarse na Universidade Politécnica de Cataluña e pasar polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT), en Boston, forma parte do equipo de investigación en física cuántica de Leo Kouwenhoven na Universidade de Tecnoloxía de Delft, nos Países Baixos."Jarillo-Herrero Group. Quantum Nanoelectronics @ MIT ". Massachusetts Institute of Tecnology."Hendrik Casimir Prize 2018 awarded to Marta Pita-Vidal, Damian Bouwmeester, and Stefano Polla". Casimir Research School.Perfil de Marta Pita no laboratorio de leo Kouwenhoven (QuTech) na Universidade de Tecnoloxía de Delft. Pita Vidal foi recoñecida tamén nos Países Baixos cun dos premios da Real Sociedade de Ciencias e Humanidades á Xuventude con Talento en 2019."Juryrapport. ShellAfstudeerprijzen voor Natuurkunde 2019 ". Koninklijke Hollandsche Maatschappij der Wetenschappen.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Efecto Casimir

Bibliografía

Lamoreaux, S. K. "Hendrik Burgt Gerhard Casimir". Proceedings of the American Philosophical Society. Vol. 146. Nº 3. Setembro de 2002. Acceso en liña Polder, D. "Hendrik Burgt Gerhard Casimir, 15 juli 1909 - 4 mei 2000". En Levensberichten en herdenkingen 2001. Koninklijke Nederlandse Akademie van Wetenschappen. 2001. Páxinas 13-21. Acceso en liña Rechenberg, Helmut. "Hendrik Brugt Gerhard Casimir (1909-2000). The Physicist in Research, Industry and Society". En European Journal of Physics. 22 (4): 441-446. Xullo de 2001. Schuurmans, M. "Hendrik Brugt Gerhard Casimir". En Physics Today 53, 80. 2000. Acceso en liña

Ligazóns externas

"The Casimir effect: a force from nothing" En Physics World. "The Casimir Force" "Lo que Hendrik Casimir diría a nuestros políticos". En Naukas. Ciencia, escepticismo y humor.

Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 2000 Categoría:Nados na Haia Categoría:Físicos dos Países Baixos Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Profesores da Universidade de Leiden