Julio Bazarra Constenla, nado en Vigo en 1923 e finado na Coruña o 18 de maio de 2008,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 19-5-2008, p. 51. foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Vivía na Pobra do Caramiñal. A finais de 1947 incorporouse con Vicente López Novo á V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia, comandada por Benigno Andrade García, coa que participou en varias accións no norte da provincia de Pontevedra. A principios de maio de 1948 abandonou a guerrilla por problemas físicos e refuxiouse nunha casa de Troáns. Foi detido en Vigo o 11 de xullo de 1948 e xulgado na Coruña en marzo de 1949.La Voz de Galicia, 23-3-1949, p. 3. Condenado a 30 anos de reclusión maior, foi recluído na Colonia Penitenciaria de El Dueso. Saíu en liberdade provisional en outubro de 1959,BOE, 18-12-1959, p. 16142. e instalouse na Coruña.
Vida persoal Casou con Mercedes García Rey.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes