Alejandra Prieto Sánchez, nada en Ferrol o 10 de abril de 1986BAXI Ferrol 2018-2019, na páxina web da FEB., é unha adestradora de baloncesto galega.
Traxectoria Licenciada en Maxisterio, Prieto traballa como mestra de primaria en FerrolClaustro de profesores, na web do Colexio Plurilingüe Jesús Maestro. Ademais, ten o título superior de adestradora de baloncesto.
Como adestradora de baloncesto, iniciouse nos bancos cos equipos de canteira do Universitario Ferrol, un dos principais clubs de baloncesto feminino de España. Nese tempo, chamárona da Federación Galega de Baloncesto para que se encargase de seleccións autonómicas de distintas idades. Tamén foi responsable deportiva da delegación de Ferrol da Federación.
Prieto conseguiu unha posición relevante como adestradora principal ao encargarse, en 2015, de levar as rédeas do CDR Ferrol (localmente coñecido como Recimil), que ao ano seguinte se fusionaría co Baloncesto Base Costa Ártabra, mantendo o mesmo nome de Baloncesto Base Costa Ártabra e mais a adestradora do CDR.
En 2017 fichou polo Baxi Ferrol, o equipo máis importante de Ferrol, que naquela altura estaba a xogar en división de honra feminina, para facerse cargo do posto de adestradora asistente. Ao remate desa tempada o adestrador titular, Lino López, deixou o posto para adestrar o Perfumerías Avenida, e foi substituído por Carles Martínez. Pero unha serie de derrotas consecutivas motivaron a destitución de Martínez no outono de 2018, co que Prieto se fixo cargo da dirección do equipo, neste caso con Ricardo Aldrey como adestrador asistente.
Vida persoal É filla de Pablo Prieto, adestrador internacional de fútbol sala.
Notas
Categoría:Adestradores de baloncesto de Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1986 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes