Julio Nieto López, coñecido como Chevol ou Nardo, nado en Almería cara a 1907 e finado na Coruña o 21 de setembro de 1946, foi un militar e guerrilleiro antifranquista andaluz.
Traxectoria Radiotelegrafista. Antigo garda de asalto, durante a guerra civil española foi ascendido a alférez por méritos de guerra en outubro de 1936,Gaceta de la República, 21-4-1937, p. 313. e despois a capitán. Ao finalizar a guerra foi detido. Xulgado en Madrid, foi condenado. Estivo preso na Celular de Valencia e na Prisión Central de Yeserías de onde saíu en liberdade condicional en agosto de 1943.BOE, 8-10-1943, p. 9741-9744. Secretario xeral do Comité Provincial do PCE de Lugo, do que tamén formaban parte Emilio Golás e Enriqueta Otero, mantivo contactos con Xosé Castro Veiga. Foi detido en xaneiro de 1946. Xulgado en consello de guerra na Coruña por rebelión militar o 17 de xullo de 1946 no proceso 75/1946 con Enriqueta Otero, Ramón Vivero Geada, José María Urquiola Iglesias e Marcelino Villares Santiago, foi condenado á pena de morte.La Voz de Galicia, 18-7-1946, p. 6.El Ideal Gallego, 19-7-1946, p. 4. Foi executado con garrote vil na prisión da Coruña con Ramón Vivero Geada o 21 de setembro de 1946.
Vida persoal Casou con Loreto Tapia.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Memorial antifranquista y lucha por la libertad
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en 1907 Categoría:Nados en Almería Categoría:Finados en 1946 Categoría:Executados no garrote vil Categoría:Represaliados polo franquismo