2019 (MMXIX) foi un ano común do calendario gregoriano dentro do século XXI.
Acontecementos miniatura|486958 Arrokoth. Xaneiro
1 de xaneiro: Jair Bolsonaro xura o seu cargo como novo presidente do Brasil. 1 de xaneiro: a sonda New Horizons sobrevoa 486958 Arrokoth, o obxecto celeste máis lonxe do sistema solar ao que chegou unha nave espacial. 3 de xaneiro: a sonda chinesa Chang'e 4 aluniza na cara oculta da Lúa. 23 de xaneiro: Angola despenaliza a homosexualidade.
Febreiro
24 de febreiro: realízase un referendo constitucional en Cuba.
Marzo
7 de marzo: dende as 16:53 hora local (GMT-4) rexístrase un apagamento a nivel nacional en Venezuela. 10 de marzo: un avión Boenig 737 da compañía Ethiopian Airlines espétase preto de Adís Abeba, morrendo os seus 157 ocupantes. 15 de marzo: un home mata a 50 persoas e deixa feridas a outras 50 nun atentado terrorista contra dúas mesquitas de Christchurch, Nova Zelandia.
miniatura|Incendio na Catedral de Notre-Dame de París, o 15 de abril de 2019.
Abril
2 de abril: Abdelaziz Bouteflika dimite como presidente de Alxeria despois de 20 anos de mandato. 10 de abril: o consorcio Event Horizon Telescope presenta a primeira imaxe dun burato negro, na galaxia M87. 11 de abril: Julian Assange, fundador de WikiLeaks, é detido na embaixada de Ecuador en Londres. 15 de abril: un incendio arrasa o teito da Catedral de Notre-Dame de París, que estaba en obras. 28 de abril: celébranse eleccións xerais en España, as décimo cuartas dende a transición.
Maio
26 de maio: eleccións municipais e autonómicas en España. 26 de maio: eleccións ao Parlamento Europeo. 31 de maio: un tiroteo en Virginia Beach, nos Estados Unidos, deixa 13 mortos e 4 persoas feridas.
Xuño
9 de xuño: protestas en Hong Kong contra a lexislación proposta sobre a extradición a China, sendo a protesta máis grande na rexión administrativa especial dende a transferencia da súa soberanía a China en 1997.
Xullo
24 de xullo: Boris Johnson asume o cargo de primeiro ministro do Reino Unido, sucedendo a Theresa May.
Agosto
3 de agosto: un tiroteo nun centro comercial de El Paso, en Texas, deixa 22 mortos e 24 persoas feridas. 4 de agosto: un tiroteo en Dayton, no estado de Ohio, deixa 10 mortos e 16 feridos. 17 de agosto: un atentado durante unha voda en Cabul (Afganistán) deixa 63 persoas mortas e 182 feridas. Do 24 ao 26 de agosto: 45º cume do G7 na cidade francesa de Biarritz. 28 de agosto: a activista medioambiental Greta Thunberg chega a Nova York despois quince días de travesía no océano Atlántico para asistir a unha rolda de conferencias na sede das Nacións Unidas o 23 de setembro.
Setembro
2 de setembro: un atentado en Cabul (Afganistán) deixa 21 mortos e 119 feridos.
miniatura|Protestas en Barcelona en resposta á sentenza do xuízo aos líderes do proceso independentista catalán.
Outubro
Do 2 ao 13 de outubro: protestas en Ecuador en contra das medidas económicas propostas polo goberno de Lenín Moreno. 8 de outubro: un atentado contra unha sinagoga en Halle (Alemaña) deixa dúas persoas mortas. 14 de outubro - actualidade: protestas en Cataluña, e en menor medida noutras partes de España, pola sentenxa do xuízo aos líderes do proceso independentista catalán. 14 de outubro - actualidade: protestas en Chile en resposta as alzas do sistema público de transporte e ás más condicións sociais e económicas do país. 24 de outubro: en España, realízase a exhumación dos restos do ditador Francisco Franco, autorizada polo goberno de Pedro Sánchez. 26 de outubro: suicídase o líder do Estado Islámico Abu Bakr al-Baghdadi en Siria.
Novembro
10 de novembro: eleccións xerais en España, as segundas en 2019 despois de que as principais forzas políticas do país non chegasen a un acordo tras as eleccións de abril. 22 de novembro: o Blue Star, un buque quimiqueiro, encalla na costa de Galicia, preto de Ares. 26 de novembroː un forte terremoto sacude Albania, deixando 50 persoas mortas e máis de 900 feridos. 29 de novembroː un ataque terrorista, reivindicado polo Estado Islámico, deixa dous mortos e cinco feridos en Londres.
Decembro Do 2 ao 13 de decembro: Celébrase en Madrid a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático
Mortes
Xuño 9 de xuño: Ahmed Essop, escritor surafricano (n. 1931).
Xullo 4 de xullo: Leon Kossoff, pintor inglés (n. 1926) 15 de xullo: Jesús Sánchez Gallego (n. en 1936).
Outubro 1 de outubro - Miguel León Portilla, especialista na cultura dos náhuatl (n. 1926).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Historia ano a ano
Categoría:2019