Isto é unha lista sobre os atentados terroristas que aconteceron no 2019
Atentados por países Aquí recóllense o número total de vítimas (incluíndo os terroristas mortos), número total de terroristas mortos e por último o número total de feridos. O mínimo para aparecer nesta táboa son un total 30 vítimas mortais.
PaísNúm. de mortos totaisTot. de terroristas mortosTot. de feridosTot. de secuestradosTot. terroristas detidos37000031015300 Na segunda táboa estará o resto dos países. PaísNúm. de mortos totaisTot. de terroristas mortosTot. de feridosTot. de secuestradosTot. terroristas detidos84200700006180052200418001020000901005000030100101
Atentados por mes Xaneiro 1 de xaneiro : Varios ataques por parte dos talibáns no norte de Afganistán, concretamente nas provincias de Sar-i-Pul e Balkh, deixaron polo menos 27 membros das forzas de seguridade afgás mortos e 40 feridos. : Un ataque suicida na localidade de Ghadwa, deixou 3 vítimas mortais e 1 ferido. Outro ataque aconteceu na localidade de Sebha, na rexión de Fezzan, na que a única vítima mortal foi o terrorista que se inmolou e un ferido fronte dunha comisaría. Sospéitase do Estado Islámico. : Un ataque interétnico por homes armados na localidade de Koulogon, rexión de Mopti deixaron polo menos 37 vítimas mortais. Sospéitase dos donzos. : Un ataque terrorista contra un centro de adestramento da policía de fronteiras paquistaní na localidade de Loralai, no estado de Baluchistán deixou 8 vítimas mortais (4 terroristas e 4 policías) e 2 feridas. Aínda se descoñece o autor do atentado. : Un ataque con coitelo na estación de metro, Victoria, de Manchester deixou 3 persoas feridas, dúas de gravidade. O autor é un home de 25 anos que gritou en árabe: Alá é grande. Un grupo de policías detiverono. : Un atropelo masivo nunha rúa de Tokyo, deixou 9 persoas feridas, unha delas de gravidade. O autor é un home xaponés de 21 anos, que responde ao nome de Kazuhiro Kusakabe. O propio autor reivindicouno como un acto terrorista, en represalia pola pena de morte, aínda que o motivo do ataque non está moi claro.
3 de xaneiro : Un ataque con explosivos causou danos materiais na sede do partido de ultradereita alemá, Alternativa para Alemaña, na localidade de Döbeln, no estado federal de Saxonia. A policía detivo a tres homes alemáns de 29, 32 e 50 anos de idade, que poden ter relación coa extrema esquerda.
4 de xaneiro : Un ataque con bomba nunha parada de autobús en Santiago de Chile, deixou 5 persoas feridas. O ataque foi reivindicado por un grupo eco-terrorista, Individualistas Tendiente a lo Salvaje. : Un ataque en Emince, na provincia de Igdir , deixou 1 soldado turco morto e 2 feridos. Sospéitase do PKK.
6 de xaneiro : Un ataque de supostos milicianos islamistas na localidade de Palma, na provincia de Cabo Delgado, deixou 7 vítimas mortais.
7 de xaneiro : Un ataque suicida contra unha sede kurda-siria dos YPG en Raqqa deixou 5 mortos e 8 feridos. O autor é o Estado Islámico.
8 de xaneiro : Un ataque suicida en Tikrit, ao norte de Bagdad deixou 3 mortos e 8 feridos. Sospéitase do Estado Islámico.
14 de xaneiro : Un atentado con coche bomba en Cabul, deixou 4 vítimas mortais e 113 feridos. O autor son os talibáns.
15 de xaneiro : Un ataque con coches bombas e un tiroteo nun complexo hoteleiro de Nairobi, deixou 21 vítimas mortais e 28 feridas. Os atacantes foron eliminados. O ataque foi reivindicado polo grupo terrorista somalí, Al-Shabab. Detívose a dous sospeitosos.
16 de xaneiro : Un ataque con paquete bomba nunha famosa pizzaría da cidade de Nápoles, deixou danos materiais. O autor é a Camorra. : Un ataque de homes armados no norte de Malí, en dúas localidades preto de Ménaka, deixou 34 vítimas mortais pertencentes aos tuareg. Descoñecese o autor do atentado. : Un terrorista suicida na cidade de Manbij, deixou 16 vítimas mortais, incluídos catro soldados estadounidenses. O autor é o Estado Islámico.
17 de xaneiro : Un atentado con coche bomba contra unha escola de cadetes da policía ao sur de Bogotá, deixou 21 vítimas mortais, incluído o terrorista e 68 feridos. O goberno culpou ao ELN do atentado. : Un ataque con coitelo nun supermercado de Oslo, deixou unha muller ferida de gravidade. O autor é un mozo de orixe rusa, foi detido pola policía. Sospéitase que é un atentado islamista.
19 de xaneiro : Un coche bomba estoupou na cidade de Londonderry sen provocar vítimas mortais, causando so danos materiais. O autor é o IRA, que o reivindicou dez días despois de executar o ataque.
21 de xaneiro : Un ataque dos talibáns nun campamento dos servizos provincias na localidade de Maidan Shar, capital da provincia de Wardak deixou ao menos 126 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos.
22 de xaneiro : Un atentado con coche bomba na localidade de Latakia, deixou 1 vítima mortal e 14 feridas. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo.
27 de xaneiro : Dous ataques suicidas contra a catedral de Jolo, ao sur do país, deixou 20 vítimas mortais e 81 persoas feridas. O autor é o Estado Islámico. : Dous ataques con bombas contra a policía no norte do país, concretamente na cidade de Shirqat onde faleceron polo menos 2 axentes e 8 resultaron feridos cando estoupou unha bomba contra o autobús que os trasladaba a comisaría de dita cidade. O segundo ataque produciuse contra un grupo que se dirixía cara onde aconteceu o primeiro ataque, falecendo ao menos outros 2 axentes e ferindo a 3. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo.
28 de xaneiro : Un ataque do grupo xihadista Boko Haram, na localidade de Rann, no estado de Borno, deixou polo menos 60 vítimas mortais.
Febreiro 2 de febreiro : Un ataque terrorista contra unha base militar da IRGC da provincia de Sistán e Baluchistán, deixou 1 morto e 5 feridos. O autor é Jaish al-Adl.
13 de febreiro : Un ataque suicida contra un autobús onde viaxaba algúns membros da forza de elite do réxime iraniano na provincia de Sistán-Baluchistán, deixou polo menos 27 vítimas mortais e 13 feridas. O autor é Jaish al-Adl. Nun primeiro momento, medios afíns ao réxime de Irán, elevaran a 41 vítimas mortais, pero máis tarde reduciuse a cifra de mortos.
14 de febreiro : Ataque terrorista na Caxemira india do 14 de febreiro de 2019 Un ataque suicida contra as CRPF na Caxemira india, deixou polo menos 44 vítimas mortais e un número descoñecido de feridos. O autor é Jaish-e-Mohammed.
15 de febreiro : Un ataque armado na localidade de Kajuru, no estado de Kaduna. Deixou polo menos 130 mortos. : O goberno de Marrocos, concretamente o Ministerio do Interior anuncio que detiveron unha célula terrorista, composta por cinco membros. As idades dos terroristas encóntranse entre 21 e 36 anos, afíns ao Estado Islámico na localidade de Safi. Pretendían unirse ao grupo terrorista en Siria e Iraq, e incluso facer atentados no propio país.
16 de febreiro : Un ataque terrorista do grupo xihadista Boko Haram na localidade de Chetima Wanou, onde morreron 7 soldados nixerinos e outros 6 quedaron feridos. : Un ataque do grupo xihadista Boko Haram contra unha mesquita na localidade de Kushari, preto da cidade de Maiduguri, no estado de Borno, deixou 8 vítimas mortais, máis tres terroristas (2 suicidas e 1 que ía armado) e 15 feridas. : Un ataque do grupo terrorista Boko Haram, na localidade Buni Yadi, no goberno local de Gujba, en Yobe. Deixou 9 mortos (4 soldados e 5 terroristas) e 5 feridos.
18 de febreiro : Un ataque suicida preto da mesquita Al Azhar, na cidade do Cairo, deixou 2 policías mortos e 3 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
19 de febreiro : Dous ataques do grupo xihadista Boko Haram, nas localidades de Bouboura e Ngasia, deixou 5 vítimas mortais, 5 feridas e 9 secuestradas.
21 de febreiro : Unha serie de rexistros en diferentes localidades das rexións de Hesse e Renania do Norte-Westfalia, deixou unha parella de 26 anos de idade, arrestada na localidade de Raunheim que intentara unirse, acompañados dos seus fillos, ao Estado Islámico en Siria dende Turquía. Outras doce persoas, de nacionalidade alemá e alemá-marroquí de idades comprendidas entre os 22 e 33 anos, quedaron imputadas. : Un tenente da garda costeira dos Estados Unidos de América, foi arrestado por planificar un grande ataque terrorista con armas de fogo e biolóxico contra políticos democrátas, como a congresista Alexandria Ocasio-Cortez e personalidades da esquerda estadounidense, entre os que estarían periodistas, profesores etc. O arresto fíxose a semana pasada, pero os investigadores publicarono o 21 de febreiro. O autor do ataque é un home de 49 anos, que responde ao nome de Christopher Paul Hasson, que se definiu como un nacionalista branco. : Un ataque bomba contra un autobús que realizaba unha viaxe a localidade Al Shuail, na provincia de Deir Ezzor, controlada polas FDS. Deixou polo menos 20 vítimas mortais, entre as cales ao menos 6 pertencen as YPG. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista. : Un ataque en forma de tiroteo do grupo xihadista Al-Shabaab, atacou unha base militar somalí na localidade de Balad, preto de Mogadixo. Deixou varias vítimas mortais, pero sen conficonfirmación oficial.
Marzo 28 de febreiro- 1 de marzo : Un asalto e unha explosión cun coche bomba de Al-Shabaab contra un hotel da cidade de Mogadixo, deixou polo menos 29 vítimas mortais, máis 3 terroristas abatidos polas forzas especiais somalís e máis de 60 feridos.
1 de marzo : Unha explosión dunha bomba na localidade de Boulkessy, na rexión de Mopti, deixou polo menos 9 soldados mortos. Pertencían ao grupo do G5 Sahel, no cal se integran soldados do Níxer, Burkina Faso, Malí, Mauritania e o Chad. Non foi reivindicado por ningún grupo terrorista.
3 de marzo : Un ataque suicida e un tiroteo, no rural da provincia de Hama dun grupo xihadista, que responde ao nome de Ansar al Tauhid, deixou 18 militares mortos. Pero segundo, o Observatorio Sirio para os Dereitos Humanos, elevou o número de militares e paramilitares mortos a 20, e 5 terroristas mortos.
4 de marzo : Un enfrontamento entre forzas da seguridade afgán e os talibáns, na provincia de Kunduz, deixou 10 mortos, 7 feridos e 7 capturados. Outro enfrontamento entre as forzas de seguridade e os talibáns na provincia de Faryab, deixou 6 talibáns mortos.
6 de marzo : Un ataque cun vehículo bomba contra unha empresa construtora e un posterior tiroteo entre os terroristas e as forzas de seguridade da zona, preto do aeroporto de Jalalabad, na provincia de Nangarhar deixou 16 vítimas mortais, máis 5 terroristas mortos e 9 feridos. Aínda non foi reivindicado por ningún grupo terrorista. : Ataque terrorista en Condé sur Sarthe en marzo de 2019. Un ataque con coitelo no cárcere de Condé sur Sarthe, deixou 2 axentes da penal feridos, un deles de gravidade aínda que non corre perigo de morte. Os autores do ataque son un home e unha muller, que responden ao nome de Michael Chiolo e Hanane Abouhana respectivamente, que se atrincheiraron, provocando a intervención de axentes da RAID para arrestalos. Na detención, abatiron aos dous terroristas, ferindo ao home, pero a muller morreu debido a súa ferida mortal. As autoridades indicaron que se trataba dun ataque terrorista, de tipo islamista, xa que actuaron en vinganza da morte do terrorista que atentou en Estrasburgo, tamén gritaron: Alá é grande.
15 de marzo : Un ataque con explosivos contra o oleoduto Caño Limón-Coveñas, provocou verteduras de petróleo no río Catacumbo. Non se reportaron vítimas mortais nin feridos. As autoridades responsabilizan ao ELN.