A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas. Está situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 743,51 km² e tiña 66.840 habitantes no ano 2020.

Xeografía

Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co océano Atlántico e a comarca da Coruña, ao sur coa comarca do Xallas e a comarca da Terra de Soneira, ao leste coa comarca de Ordes e ao oeste co océano Atlántico. Os seus 743,51 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus 7 concellos, dende o máis pequeno, Laxe, que abrangue unha superficie de 36,78 km², ata o máis grande, Carballo, que ten unha superficie de 186,09 km².

O río máis importante, e no que se artella toda a rede hidrográfica da comarca, é o río Anllóns que atravesa esta comarca de leste a oeste formando no seu discorrer polas terras de Bergantiños un val e na súa desembocadura forma un estuario, que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta, antes de desembocar na ría de Corme e Laxe. O cumio de máis importancia é o monte Castelo (598 m). Bergantiños dispón de numerosas praias, como as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio, Rebordelo en Cabana.

O clima desta comarca é de temperaturas suaves, con pequenas oscilacións térmicas e abundantes precipitacións.

Economía Na economía desta comarca destacan sobre todo a agricultura a gandaría e a pesca. Entre os portos da comarca destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.

Lugares de interese Entre o patrimonio histórico destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, a igrexa e as Torres de Mens e as Torres de Nogueira (Coristanco). Entre os espazos naturais salientar o Refuxio de Verdes ao pé do río Anllóns, o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, as praias de Laxe, Traba Razo e Balares, os porto de Malpica, Corme, Laxe así como as illas Sisargas xunto co cabo de Santo Adrián.

Concellos da comarca de Bergantiños Bergantiños Concello Poboación(2020) Extensión(km²) Densidade(hab./km²)15px 25px Cabana de Bergantiños4.216 100,2342,0615px 25px Carballo31.429186,09168,8915px 25px Coristanco5.950 141,2842,1115px 25px A Laracha11.406125,9590,5615px 25px Laxe2.990 36,7881,2915px 30px Malpica de Bergantiños5.35261,2287,4215px 25px Ponteceso5.49791,9759,77 Bergantiños66.840743,51 89,90 300px

Poboación Con 66.840 habitantes en 2020, a comarca de Bergantiños é a cuarta comarca máis poboada da provincia da Coruña e a décima de Galiza. A meirande parte da poboación da comarca concéntrase na capital, o concello de Carballo, onde reside algo máis do 47% da poboación total da mesma. Por outra banda, o concello menos poboado é o de Laxe, que con 2.990 habitantes representa menos do 5% da poboación total da comarca. A perda de poboación converteuse nunha constante na comarca, onde case todos os concellos perden poboación coas únicas excepcións de Carballo e A Laracha.

ConcelloN.º deparroquias Habitantes198119861991199620012006201120162020Cabana de Bergantiños106.9917.1676.2916.0095.6895.1994.8654.4464.216Carballo1825.71326.96226.03327.28728.49729.98531.30331.25631.429Coristanco1510.31410.2719.3348.4168.0987.5827.1026.4265.950A Laracha1311.71012.00710.52110.79110.66610.80311.33711.29511.406Laxe6 3.6543.7863.4793.6163.5753.4893.3663.1482.990Malpica de Bergantiños88.5498.5607.9507.4437.1726.5676.1025.6165.352Ponteceso148.7148.6078.0357.6637.1186.5886.1345.7035.497Total8475.64577.36071.64371.22570.81570.21370.20967.89066.840 FonteSeries históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos IGE. Consultado o 28/2/2021.: IGE e '''Instituto Nacional de Estadística

Padrón municipal 2020 66.840 habitantes Menores de 15 anos 7.937 (11,87 %) Entre 16 e 64 anos 40.429 (60,49 %) Maiores de 65 anos 18.474 (27,64 %)

Principais núcleos de poboación 220px|miniatura|Vista da vila e do porto de Caión No ano 2020, os principais núcleos de poboación por concello eranNomenclator INE. Consultado o 28/2/2021 : Cabana de Bergantiños: O Valado (185 hab.), As Grelas (137 hab.) e Canduas (129 hab.). Carballo: Carballo (19.168 hab.), A Baixa de Entrecruces (343 hab.) e Mirón (342 hab.). Coristanco: San Roque (529 hab.), Bormoio (317 hab.) e A Rabadeira (199 hab.). A Laracha: A Laracha (3.427 hab.), Paiosaco (727 hab.) e Caión (585 hab.). Laxe: Laxe (1.729 hab.), Matío (118 hab.) e Mórdomo (112 hab.). Malpica de Bergantiños: Malpica (1.849 hab.), Buño (488 hab.) e Barizo (238 hab.). Ponteceso: O Porto de Corme (1.068 hab.), A Trabe (597 hab.) e Ponteceso (455 hab.).

Historia miniatura|Pedra da Arca en Cerqueda, Malpica de Bergantiños Debido a acidez do chan mesturada coas inmensas choivas predominantes na zona non se dispón de restos arqueolóxicos (os máis antigos que se puideron datar deron unha cronoloxía moi por debaixo dos atopados noutros sitios) nin antropolóxicos no que poder fundarse para determinar a maneira e forma de vida dos primeiros poboadores da comarca.

Do período megalitico atópanse varios monumentos dos que destacan os dolmens de Dombate, Pedra da Arca, Pedra Moura e Fornela dos Mouros.

Da Idade de Bronce atópanse numerosos castros dos que destacan os de Borneiro e Pedra da Arca.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños

Bergantiños, Comarca de Categoría:Costa da Morte