Juan Ignacio Delgado Criado, nado en Malpica de Bergantiños en 1908 e finado en Temuco (Chile) en 2010, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria esquerda|miniatura|Placa en homenaxe aos fuxidos por mar en Malpica.
Fillo do secretario xudicial de Malpica e da mestra Ramona Criado Orellana, era o cuarto dunha familia de doce irmáns. Auxiliar do secretario do xulgado de Malpica de Bergantiños e contador do pósito. Foi presidente de Izquierda Republicana de Malpica. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido polo gobernador civil o 30 de xuño de 1937 como secretario do pósito, xunto co secretario da corporación Ramón Astray Labarda, dous oficiais do concello e a destitución do alcalde Pedro Grela Viqueira.La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2. Fuxiu de Malpica en agosto de 1938 na evasión do Rocío. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi declarado en rebeldía. Ingresado no campo de concentración de Argelès-sur-Mer. Marchou a Buenos Aires no Winnipeg e de alí pasou a Valparaiso (Chile), onde entrou a traballar no Banco Español. En 1955 trasladouse a Allipén e dedicouse ao cultivo de trigo. Desde 1992 residiu en Temuco coa súa filla, onde morreu aos 102 anos.
Vida persoal
Casou en 1949 con Paz Mera Pérez, e tivo dous fillos: Juan Amador e María Cristina.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Evasión da motora Rocío
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Chile Categoría:Nados en Malpica de Bergantiños Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes