Antonio de Viana, nada en La Laguna, Tenerife en 1578 e finado en 1650?, foi un historiador, médico e poeta canario. Estudou en Sevilla a Licenciatura de Medicina, que rematou en 1606. É posiblemente nesta cidade onde coñeceu a Lope de Vega.
Traxectoria Dende 1607 prestou os seus servizos ó Cabido de Tenerife para levar a cabo a atención dos doentes do hospital. Tamén en Sevilla ocupou a praza de médico cirurxián do Hospital do Cardeal. En 1630, ante o notable aumento da súa fama, os seus contemporáneos tinerfeños conseguiron convencelo e levalo novamente á illa, co seu antigo cargo. En 1633, trasladouse ás Palmas, onde exerceu gran parte da súa profesión. Foi médico do bispo Charangas, elevando aínda máis a súa reputación entre membros de tribunais e altas personalidades doutros órganos que daquela residían na cidade grancanaria.
En canto á súa faceta de historiador e poeta achácaselle que nos seus escritos inventara parte dos nomes guanches que aparecen.[Alejandro Cioranescu: El poema de Antonio de Viana, incluido en Anuario de estudios atlánticos, nº. 16, pags. 67-144 (1970). Viera y Clavijo tamén se baseou nalgúns dos escritos do poeta Viana para parte da Historia de Canarias, co consecuente erro na denominación dos nomes aborixes que perduraron até o noso tempo.Juan Álvarez Delgado: La división de la isla de Tenerife en nueve reinos, op. cit., nº 31, pags. 61-132 (1985).
Obras Antigüedades de las Islas Afortunadas(1604), poesía de gran valor que achega unha importante información sobre costumes, etnografía e linguas. Conquista de Tenerife. Aparecimiento de la imagen de la Candelaria. Discurso en la herida que sufrió Juan Bautista Silman (1637).
Notas
Categoría:Nados en 1578 Categoría:Nados en San Cristóbal de La Laguna Categoría:Finados en 1650