Nicole Françoise Florence Dreyfus, nada en París o 27 de abril de 1932 e finada en París o 18 de xuño de 2024, foi unha actriz francesa coñecida como Anouk Aimée.
Traxectoria Aimée naceu en París, filla do actor Henri Murray (nado Henry Dreyfus)Flitterman-Lewis, Sandy. "Anouk Aimée", Jewish Women: A Comprehensive Historical Encyclopedia e da actriz Geneviève Sorya (nada Durand). O seu pai era xudeu, mentres que a súa nai era católica. Aínda que se criou como católica, converteuse ao xudaísmo sendo adulta.Arnold, Eve. Film Journal, Bloomsbury Publishing (2002) pp. 193-94
A súa educación comezou na École de la rue Milton, en París, na École de Barbezieux, no Pensionnat de Bandol e na Institution de Megève. Estudou danza na ópera de Marsella e teatro en Inglaterra, tralo que pasou a estudar arte dramática e danza con Andrée Bauer-Thérond.Unterburger, Amy L. (ed.) Actors and Actresses, International Dictionary of Films and Filmmakers (3.ª ediciónn), St James Press (1997), pp. 9-11
Aimée (daquela coñecida como Françoise Dreyfus) debutou no cinema en 1946, con catorce anos, no papel de "Anouk" en La Maison sous la mer, e mantivo ese nome artístico. Jacques Prévert, mentres escribía Les amants de Vérone (1949) especificamente para ela, suxeriulle que adoptase o apelido simbólico de Aimée (en francés, "Amada"), "que a asociaría para sempre co poder afectivo dos seus papeis na pantalla".Durham, Michael. "Aimée—It Means 'To Be Loved'", Life Magazine, 19 de maio de 1967 pp. 85-86.
Apareceu en La dolce vita, de Federico Fellini, e en Lola, de Jacques Demy. Foi candidata ao Oscar á mellor actriz en 1966 polo seu papel en Un homme et une femme, que lle deu fama internacional.
En 2002, recibiu un premio César de Honra e en 2003 recibiu o Oso de Ouro honorífico do Festival Internacional de Cinema de Berlín, que lle dedicou ese mesmo ano unha retrospectiva.Oscherwitz, Dayna. The A to Z of French Cinema, Scarecrow Press (2007), páx. 18
Vida privada Aimée estivo casada en catro ocasións: con Edouard Zimmermann (1949-1950), co director Nico Papatakis (1951-1955), co actor e produtor musical Pierre Barouh (1966-1969) e co actor británico Albert Finney (1970-1978). Tivo unha filla, Manuela Papatakis (nada en 1951), do seu segundo matrimonio.
En 1995 foi escollida pola revista Empire no posto 56 das 100 estrelas de cinema máis sexys da historia.
Filmografía AnoTítuloPersonaxeDirector1947 La Maison sous la mer AnoukHenri Calef 1949 Les amants de VéroneGeorgia (moderna Xulieta)André Cayatte 1950Golden SalamanderAnnaRonald Neame1952 La Bergère et le ramoneur (filme de animación)Voz (a pastora)Paul Grimault Le Rideau cramoisi AlbertineAlexandre Astruc1955Contraband SpainElena VargasLawrence HuntingtonLes Mauvaises rencontresCatherine RacanAlexandre Astruc1956Ich suche DichFrancoise MaurerO.W. Fischer1957Pot-BouilleMarieJulien Duvivier1958Les Amants de Montparnasse (Montparnasse 19)Jeanne HébuterneJacques Becker1959The JourneyEvaAnatole LitvakLa tête contre les mursStéphanieGeorges FranjuLes DragueursJeanneJean-Pierre Mocky1960La Dolce VitaMaddalenaFederico FelliniLe FarceurHélène LarochePhilippe de Broca1961Il giudizio universaleIreneVittorio De SicaLolaLolaJacques Demy1962Sodom and GomorrahRaíña BeraRobert AldrichIl giorno più cortocameoSergio Corbucci1963Fellini 8½ Luisa AnselmiFederico Fellini1964Le voci biancheLorenzaPasquale Festa CampanileLa fugaLuisaPaolo Spinola1965 The DreamerValeriaMassimo Franciosa1966Un homme et une femmeAnne GauthierClaude Lelouch1968Un soir, un trainAnneAndré Delvaux1969Model ShopLolaJacques DemyThe Appointment CarlaSidney LumetJustineJustineGeorge Cukor1976Si c'était à refaireSarah GordonClaude Lelouch1978Mon premier amourJane RomainElie Chouraqui1979Salto nel vuotoMarta PonticelliMarco Bellocchio1981La Tragedia di un uomo ridicoloBarbara SpaggiariBernardo Bertolucci1983Il generale dell'armata morteCondesa Betsy MirafioreLuciano TovoliViva la vieAnoukClaude Lelouch1984Success Is the Best RevengeMoniqueJerzy Skolimowski1986Un Homme et une femme : vingt ans déjàAnne GauthierClaude Lelouch1990Bethune: The Making of a HeroMarie-France CoudairePhillip BorsosIl y a des jours... et des lunesela mesmaClaude Lelouch1994Les Cent et une nuitsAnoukAgnès VardaPrêt-à-PorterSimone LowenthalRobert Altman1996 Hommes, femmes : mode d'emploiviúvaClaude Lelouch1998L.A. Without a Mapela mesmaMika Kaurismäki1999Une pour toutesesposa do músicoClaude Lelouch2001Festival in CannesMillie MarquandHenry Jaglom2002Napoléon |Letizia Bonaparte |Yves Simoneau |- |2003 |Ils se marièrent et eurent beaucoup d'enfants|Vincent's mother |Yvan Attal |- |2003 |La Petite prairie aux bouleaux |Myriam |Marceline Loridan-Ivens |- |2010 |Paris Connections|Agnès |Harley Cokeliss |- |2011 |Tous les soleils|Agathe |Philippe Claudel |- |2012 |Mince alors!''NaiCharlotte de Turckheim
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas AIMÉE Anouk International Who's Who. Consultado o 1 de setembro de 2006. Sandy Flitterman-Lewis, Anouk Aimée, Jewish Women Encyclopedia Photographs and literature
Categoría:Actores de cinema de Francia Categoría:Actores de voz de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1932 Categoría:Finados en 2024