Francisco Gutiérrez Ríos, nado en Santiago de Compostela en 1951, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo de militar, naceu en Santiago porque o seu pai estaba destinado alí, pero mantiña vínculos familiares coa cidade de Ourense e con Rioseco (Paderne). Trasladáronse aínda sendo neno á Coruña, e estudou nos Salesianos. Estudou na universidade en Madrid e alí comezou a traballar na radio, precisamente en Radio Madrid, onde coincidiu con Pepe Domingo Castaño e Rafael Revert.

Despois trasladouse á cidade da Coruña, onde traballou vinculado ao xornalismo e á publicidade durante catro décadas, en Radio Juventud, Radio Coruña, El Ideal Gallego, DxT Campeón e TodoDeporte. Xubilouse traballando para a radio municipal de Culleredo. Tamén traballou nos anos setenta como pallaso radiofónico, cun trío afeccionado chamado Pim, Pam, Pom (e onde Gutiérrez era Pam).

Obra Con el viento del Norte (1992; poesía) Detrás de las palabras (2018, memorias) Culleredo, mi pasión (2024; biografía de Julio Sacristán de Diego)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog persoal do xornalista

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Santiago de Compostela Categoría:Xornalistas radiofónicos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Pallasos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en 1951