Trey Anthony Lyles, nado o 5 de novembro de 1995 en Saskatoon, Saskatchewan, é un xogador canadense-estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Lyles foi seleccionado na 12ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Utah Jazz. O 7 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz.

O 22 de xuño de 2017, Lyles foi traspasado xunto os dereitos de Tyler Lydon ós Denver Nuggets, a cambio dos dereitos do Draft de Donovan Mitchell.

O 12 de xullo de 2019, Lyles asinou cos San Antonio Spurs.

O 6 de agosto de 2021, Lyles asinou cos Detroit Pistons.

O 10 de febreiro de 2022, Lyles e Josh Jackson foron traspasados ós Sacramento Kings nun traspaso entre catro equipos que mandou a Marvin Bagley III ós Pistons.

Estatísticas Tempada regular Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2015–16 Utah 80 17.3 .438 .383 .695 3.7 0.7 0.3 0.2 6.1 2016–17 Utah 71 16.3 .362 .319 .722 3.3 1.0 0.4 0.3 6.2 2017–18 Denver 73 19.1 .491 .381 .697 4.8 1.2 0.4 0.5 9.9 2018–19 Denver 64 17.5 .418 .255 .698 3.8 1.4 0.5 0.4 8.5 Total 288 17.5 .431 .331 .705 3.9 1.1 0.4 0.3 7.6

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Saskatoon Categoría:Xogadores de baloncesto do Canadá Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons