A ponte sobre o Drina, orixinalmente Na Drini ćuprija, é unha novela do escritor serbio Ivo Andrić, quen a escribiu en Belgrado durante a Segunda guerra mundial, e publicouna en 1945. A obra fíxoo merecedor do Premio Nobel de Literatura en 1961. A trama desenvólvese na cidade de Višegrad e a súa ponte de Mehmed Paša Sokolović, sobre o río Drina. A historia abarca cerca de catro séculos, incluíndo períodos de dominación otomá e austrohúngara, e describe as relacións e existencias dos seus habitantes, en particular os musulmáns e ortodoxos de Bosnia e Hercegovina.

Traduciuna ao galego Jairo Dorado Cadilla e publicouna Rinoceronte Editora no ano 2006 (ISBN 84-934801-9-3), con epílogo de César Antonio Molina.A ponte sobre o río Drina na Biblioteca de tradución galega.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Literatura de Serbia Ligazóns externas Lecturalia.com Sinopse do libro . Ivoandric.org Información sobre a novela .

Categoría:Obras literarias de 1945 Categoría:Novela histórica Categoría:Obras literarias en serbio Categoría:Obras traducidas do serbio ao galego