Brian Houghton Hodgson, nado o 1 de febreiro de 1800 en Prestbury, Cheshire, e finado o 23 de maio de 1894 en Londres,28 de maio de 1894 de acordo con M. A. Smith, en Fauna of British India publicada en 1941. foi un naturalista e etnólogo que traballou na India Británica, onde foi funcionario público.

Traxectoria Hodgson naceu en Prestbury, Cheshire. Á idade de dezasete anos viaxou á India como escritor da British East India Company.

Foi enviado a Katmandú no Nepal como Comisionado Asistente en 1819, converténdose en Residente (cargo equivalemnte a gobernador) británico en 1833.

Estudou aos nativos do Nepal, producindo un gran número de escritos sobre a súa lingua, literatura e relixión.

Moi interesado polas ciencias naturais, Hodgon estudou todos os aspectos da historia natural do Nepal, Sikkim e Bengala. Reuniu unha gran colección de aves e mamíferos disecados que finalmente doou ao British Museum.

Describiu novas especies de antílopes, dos que algúns foron chamados no seu honor, como o antílope tibetano Pantholops hodgsonii. Tamén descubriu 39 especies de mamíferos e 124 especies de aves que non foran descritas previamente, e 79 delas foron descritas por el, como, por exemplo, a perdiz tibetana (Perdix hodgsoniae).

Obras destacadas Miscellaneous Essays relating to Indian Subjects. Trübner, Londres 1880 Essays on the languages, literature, and religion of Nepál and Tibet. Trübner, Londres 1874 Comparative vocabulary of the languages of the broken tribes of Népál. Calcuta 1859 Papers relative to the colonization, commerce, physical geography, &c. ... Calcuta 1857 Route of two Nepalese Embassies to Pekin with remarks on the water-shed and plateau of Tibet. Hodgson, Darjeeling 1856 Route from Kathmandu, the capital of Nepal, to Darjeeling in Sikim, interspersed with remarks on the people and country. Calcuta 1848 Essay the first. Thomas, Calcuta 1847 Preeminence of the vernaculars. Serampore 1847 Catalogue of Nipalese birds between 1824 and 1844. Calcuta 1844 Illustrations of the literature and religion of the Buddhists. Serampore, 1841

Abreviatura A abreviatura Hodgson emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Cocker, M. & Inskipp, C. (1988): A Himalayan ornithologist: The life and work of Brian Houghton Hodgson. Oxord, UK: Oxford University Press. ISBN 0-1985-7619-6. Hunter, W. W. (1896): Life of Brian Houghton Hodgson. Londres: John Murray. 390 pp. Libro escaneado. Lydekker, R. (1902): "Some famous Anglo-Indian naturalists of the nineteenth century". Indian Review 3: 221-226. Mearns, Barbara e Richard Mearns (1998): Biographies for Birdwatchers: The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. Londres e San Diego: Academic Press. ISBN 0-1248-7422-3. Smith, M. A. (1941): Fauna of British India, Ceylon ahn Burma. Reptilia and Amphibia..

Ligazóns externas Natural History Museum, Londres Obras de ou sobre Brian Houghton Hodgson en Internet Archive.

Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Políticos Categoría:Nados en Cheshire Categoría:Nados en 1800 Categoría:Finados en 1894 Categoría:Membros da Royal Society Categoría:Etnólogos