Nathan Alan Phillips (tamén chamado Nathaniel Alan Phillips) nado en Lincoln, Nebraska o 22 de febreiro de 1954, é un activista nativo americano do pobo omaha, e veterano de guerra. Lidera anualmente unha cerimonia na honra dos veteranos nativos americanos no Cemiterio Nacional de Arlington.
Traxectoria Nado e criado en Lincoln, Nebraska, Phillips medrou no seo dun fogar tribal tradicional omaha até que tivo 5 anos, cando foi separado da súa nai e criado por unha familia branca. Posteriormente trasladouse a Washington DC.
A compañeira de vida de Phillips foi Shoshana Konstant, tamén coñecida como Shoshana Beth Phillips, con quen tivo un fillo, Zakiah e unha filla, Alethea.
Activismo miniatura|Phillips na Marcha dos Pobos Indíxenas de 2017. O New York Times identificou a Phillips como un antigo director da "Native Youth Alliance", un grupo que traballa para garantir que a cultura tradicional e as formas espirituais se manteñan nas xeracións futuras de nativos americanos, e que lidera unha cerimonia anual na honra de veteranos nativos americanos no Cemiterio Nacional de Arlington. The Guardian considerouno un "coñecido activista nativo americano que estaba entre os líderes das protestas de Standing Rock en 2016 e 2017 contra a construción do oleoduto en Dacota do Norte".
Phillips apareceu nas noticias en Míchigan no ano 2015 cando un grupo de estudantes da Universidade de Míchigan Oriental supostamente o acosou. Nun artigo de xaneiro de 2019 en Indian Country Today''', Phillips foi descrito como "coidador da pipa sagrada". Noutro artigo de xaneiro de 2019 para o Washington Post Phillips foi descrito como "un veterano do movemento a prol dos dereitos indíxenas".
Vídeo de "Make It Bun Dem"
En 2012, Phillips e o seu fillo apareceron nun vídeo musical para "Make It Bun Dem", unha canción de Skrillex e Damian "Jr. Gong" Marley. Nunha entrevista do 20 de febreiro de 2017 que se produciu durante as protestas polo oleoduto Dakota Access (DAPL), Phillips explicou que decidiu facer o casting porque quería axudar no momento porque quería axudar ós seus fillos a facer fronte ó cancro da súa esposa.
Between Earth and Sky Phillips foi o tema principal dun premiado documental de 2013, Between Earth and Sky'' no que el e a súa muller, Shoshana, regresan á súa reserva omaha cando ela foi diagnosticada con cancro de medula ósea. A súa muller finou por mor da doenza en 2014. Maria Stanisheva (Director/Writer) Starring Nathan Phillips and Shoshana Phillips with music by Nathan Phillips.
Incidente da Marcha dos Pobos Indíxenas de 2019
O 18 de xaneiro de 2019 varios vídeos foron gravados no Lincoln Memorial de Washington DC, nos que aparece Phillips sendo acosado por un grupo de cincuenta ou sesenta rapaces da escola secundaria que asistiron á "March for Life"; os vídeos difundíronse axiña polas redes sociais, incluíndo Twitter e YouTube, cun dos vídeos conseguindo máis de dous millóns de reproducións en dúas horas. Philips camiñou en dirección ó grupo de estudantes, todos eles varóns do colexio privado Covington Catholic High School (CovCath) e comezou a cantar a AIM Song, unha canción nativo americana intertribal dos powwows. Nos vídeos tamén se ve un estudante do Covington Catholic High School, parado a poucos centímetros de Philipps mentres Philipps cantaba, mentres algúns estudantes de fondo facían "movementos de Tomahawk" e bailaban. Numerosos estudantes levaban gorras vermellas co lema "Make America Great Again".
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Nados en Nebraska Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Activistas nativos americanos